O anunciado silencio de Bárcenas tranquiliza o PP ante a súa declaración na comisión de investigación do Congreso, que terá lugar o vindeiro luns, destaca ElDiario. A súa defensa explica que a súa situación procesal lle impedirá responder a moitas das cuestións que lle propoñan os deputados
Fálase
O Congreso aproba a elección da dirección de RTVE por concurso público e con consenso previo dos grupos. O Goberno de Rajoy reformou a lei en 2012 para asegurarse o control dos medios públicos aproveitando a súa maioría absoluta. A medida fora aplaudida por Feijóo.
Anova presenta os seus actos do 25 de xullo baixo o lema República e ruptura. Comezarán o día 24 cunha xornada sobre "unidade popular e procesos constituíntes". No Día Nacional a formación celebra unha romaría no parque compostelán de Galeras que comezará a mediodía coa intervención política do seu portavoz nacional, o tamén vicevoceiro parlamentario de En Marea, Antón Sánchez.
Feijóo defende a súa reunión con cargos do Partido Comunista Chinés (na imaxe). “O Goberno de China ten un único partido; nós non votamos en China, temos unha relación co goberno de cada país”. Afirmouno a preguntas da prensa tras a súa recente viaxe ao país asiático.
A Xunta entregará a unha empresa privada a xestión do Monte do Gozo por 41 millóns de euros durante 10 anos, prorrogables por outros 5. O Goberno galego vén de investir outros 1,5 millóns en reparar deficiencias e habilitar piscinas no recinto coa vista posta no vindeiro Xacobeo. Autorizouno o Consello este xoves.
O curso escolar 2017-2018 comezará en Galicia o 11 de setembro en Primaria e o día 15 en ESO, BAC, FP e ensinanzas especiais. Educación vén de publicar o calendario completo.
Portugal dá por controlado o incendio de Pedrógão Grande tras case 5 días e máis de 60 vítimas mortais. A superficie atinxida polas lapas rolda as 20.000 hectáreas. O xornal Público segue a informar ao minuto da evolución dos traballos de extinción.
O PP valora querelarse contra Terra Galega en Coristanco, que denunciou un intento de soborno a unha concelleira, 60 mil euros a cambio de apoiar unha moción de censura para que os populares recuperen a alcaldía
A Confederación Hidrográfica do Miño alerta do perigo de desabastecemento de auga en núcleos pequenos por mor da seca e asegura que o subministro está "garantido" para grandes poboaciones como Lugo, Ourense e Ponferrada. Unha primavera moi seca acrecentou unha situación na que Galicia chega ao verán cos seus encoros un 15% máis baixos do habitual
O Goberno central denuncia o Concello da Coruña pola bandeira republicana da Casa Museo de Casares Quiroga