O PP impide, a través do presidente do Parlamento, que a oposición poida usar espazos comúns da Cámara para a súa comisión paralela sobre os recortes sanitarios. En Marea, PSdeG e BNG terán que empregar as súas propias salas do Pazo do Hórreo para escoitar as comparecencias dos afectados polos recortes sanitarios que vetou o PP e que os tres grupos se puxeron de acordo en organizar entre eles.
Fálase
O Colexio de Xornalistas responde ao presidente da Xunta, que este xoves se negou a responder unha pregunta dun xornalista de TVE-Galicia sobre o Venres Negro e a situación dos medios públicos galegos: "Ten previsto tomar algunha medida ou merécelle algún comentario o venres negro 30 na CRTVG?". Nas redes sociais un gran número de profesionais están utilizando a etiqueta #EuTaménReiteroPregunta
CC.OO. mantense como primeira forza sindical entre o persoal laboral dos Servizos Centrais da Xunta en San Caetano. O sindicato obtivo 6 dos 21 membros do Comité de Empresa, por 5 do CSIF, 4 da CIG, 3 da CUT e 2 de UGT
Compostela acolle este sábado o III Foro Negro da Cultura, que lle dá continuidade ás edicións celebradas en 2003 (como denuncia da xestión política da catástrofe do Prestige) e no 2008, organizada pola Asamblea Burla Negra e a rede Arredemo. O encontro forma parte do proxecto Unha Gran Burla Negra
As bases do BNG apoian unha candidatura conxunta ás eleccións ao Parlamento Europeo xunto a ERC e EH-Bildu. A proposta foi apoiada "por unha ampla maioría superior ao 90%", segundo aclara a formación nun comunicado.
O Consello da Xunta aproba os detalles da oferta de emprego público (OPE) na administración xeral para este 2018 a piques de rematar e que ascende a 2.225 prazas, 777 delas de promoción interna. A Xunta aínda ten sen convocar 714 prazas da súa oferta de 2016 a menos de tres meses de que caduque e da de 2017 só convocou 229.
Sabela acadou esta noite un posto na final de Operación Triunfo cantando en galego. Nacida en Ourol e residente nas Pontes, a súa interpretación de "Negro Caravel", de Rosa Cedrón, converteuna na máis votada polo público. VINTE estivo seguindo a gala en directo
A axencia Europa Press e o Diario de Mallorca querélanse contra o xuíz que ordenou incautar material nas súas sedes, transgredindo o segredo profesional a respecto de informacións sobre un caso de corrupción en Baleares.
A dereita estaría ao bordo da maioría absoluta no Congreso en caso de eleccións xerais, segundo unha enquisa que publica eldiario.es, na que o PSOE resiste como forza máis votada por escasa marxe.
Mäis de 2.000 persoas participaron no referendo sobre a monarquía na Universidade da Coruña. Case o 90% dos votantes optou por instaurar unha República e "abrir procesos constituíntes" nunha das varias consultas organizadas este mércores en Galicia.