Nova dimisión en Portugal pola xestión da vaga de incendios. Tras a marcha da ministra responsable do operativo vén de deixar o seu cargo o presidente de Protección Civil, Joaquim Leitão. Cóntao o xornal Público.
Fálase
O PP financiou a súa campaña electoral de 2011 en Madrid con 1,5 millóns de diñeiro negro, segundo un informe policial que revela La Vanguardia
A conselleira de Medio Ambiente ataca a quen tente "politizar" os incendios e ve escasa "catadura moral" nas manifestacións do pasado luns celebradas baixo o lema Lume, nunca máis. Beatriz Mato asegurou o mércores descoñecer se o eucalipto propaga o lume máis rápido ca outras especies arbóreas.
Rajoy e Pedro Sánchez apostan por convocar eleccións en Catalunya en xaneiro a través do artigo 155 da Constitución. Adiántao eldiario.es
O PP reclama en Cantabria a devolución de 115.000 euros pagados a Enrique Iglesias polo Goberno autonómico para facer promoción turística nas redes sociais. En 2015 a Xunta financiou con 300.000 un vídeo do cantante coa mesma finalidade.
Prisión provisional sen fianza para o primeiro detido pola vaga de incendios. Un xulgado de Xinzo de Limia considérao presunto autor dun delito de incendio forestal de especial gravidade. Fixo unha queima nun terreo familiar dos Blancos e causou un incendio dunha hectárea.
O Goberno central responde a Puigdemont, di que "continuará cos trámites previstos no artigo 155" e que o sábado reuirase o Consello de Ministros. Vén de emitir un comunicado.
Puigdemont responde ao segundo requirimento de Rajoy antes de seguir a aplicar o artigo 155. O president asegura que a suspensión da DUI "continúa vixente" e advirte de que o Parlament poderá proceder a votar a declaración de independencia que non votou se o Estado "insiste en impedir o diálogo e continuar a represión".
O Consello Asesor da sanidade pública galega queda formado por 17 homes e 3 mulleres tras a súa última reestruturación, que inclúe un cesamento e catro nomeamentos. O organismo foi estruturado por última vez en 2014 composto por 14 homes e 2 mulleres ao abeiro dunha lei que estipula que a Consellería debe procurar que a súa composición sexa "paritaria de mulleres e homes".
A Xunta terá que decidir se inclúe no ensino unha materia sobre o himno, a bandeira e o Exército español.