Feijóo marchará axiña cara a Madrid, aínda que se fará de rogar
CRÓNICA | A fin de Rajoy pon o presidente da Xunta camiño do liderado do PP, malia que tomará moitas cautelas, mentres Rueda aparece como o relevo natural en Galicia e as vindeiras autonómicas poderían coincidir coas xerais para que o dos Peares apareza como candidato a todo. Por Anxo Lugilde
Os 1.942 días de Mariano co “veleno dentro”
A agonía de Rajoy fíxose interminable froito da debilidade da democracia española, a súa lendaria resistencia herdada de Albor e os erros encadeados dos rivais. Agora acelerouna a sentenza que confirma a veracidade dos papeis de Bárcenas e que pon en perigo a súa continuidade, polo incerto camiño da moción de censura ou polo seica máis viable pero moi complexo de que se forcen eleccións axiña. Por Anxo Lugilde.
Fariña, a pedra no camiño triunfal de Feijóo
CRÓNICA | A semana das Letras foi a mellor para o presidente da Xunta nos tres últimos meses, debido a que xa non se emite a serie de Antena 3 que, como fixera antes o libro de Carretero, puxo de actualidade as súas fotos con Dorado, xusto cando o dos Peares estaba nunha interrompida ofensiva mediática alén de Pedrafita. Por Anxo Lugilde
Así menospreza a Feijóo a dirección do PP
CRÓNICA O aparato da rúa Génova fai como se as autonómicas de 2016 non se celebrasen e como se a galega non fose a máis potente organización do partido, froito da aposta da dirección por abafallar o presidente da Xunta, aínda que el vaia quedando cada vez máis só como a hipotética alternativa a Rajoy, sobre todo tras o afundimento de Casado no caso Cifuentes. Por Anxo Lugilde
Mar Sánchez, a vicepresidenta na sombra
CRÓNICA A secretaria xeral de Medios da Xunta e a máis antiga colaboradora de Feijóo acumula, na súa condición de xefa de comunicación e de primeira das asesoras presidenciais, un poder e unha influencia tan grandes como descoñecida é a súa figura para o público e incluso para a propia oposición. Por Anxo Lugilde