Un grupo de viandantes pide intervención policial ao sentírense ofendidos polas brincadeiras dos Merdeiros, figura tradicional do Entroido de Vigo. Cóntao Vigoé. Mentres, en Santiago, o PP censurou o contido do pregón do Entroido, interpretado polo actor Carlos Santiago, ao consideralo "ofensivo".
Fálase
Dimite o xefe de Oftalmoloxía do Hospital de Pontevedra polo colapso na espera para operacións de cataratas. Consulta aquí toda a información
Martín Ríos, suízo de orixe galega, proclámase subcampión olímpico de curling nos Xogos de PyeongChang. O deportista é fillo de emigrados do Carballiño e mantén a familia no Milladoiro.
O PP cae ao seu peor resultado desde as eleccións xerais mentres PSOE e Ciudadanos seguen a subir e Unidos Podemos volve perder votos. Son os resultados dunha enquisa para eldiario.es.
Falece Suso Mosquera, secretario xeral de UGT-Galicia entre 1980 e 2005 e presidente desde aquela da Fundación Luis Tilve. O sindicato informa do seu pasamento na Coruña aos 74 anos de idade e de que os seus restos serán velados no Tanatorio Servisa desa cidade. Aquí ampliamos a información.
A representación no Teatro da Zarzuela de Madrid da obra Maruxa está a recibir apupos dunha parte minoritaria do público no momento en que recrea a recollida de chapapote do Prestige, conta El País.
A DGT admite retencións en Rande esta mañá polas obras pendentes mes e medio despois da inauguración e que o ministro de Fomento anunciara en horario nocturno para minimizar o seu impacto. O corte ao tráfico de parte dos carrís mantívose tamén en horario diurno.
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos condena a España por maltrato policial aos autores do atentado de ETA no aeroporto madrileño de Barajas, no que morreron dúas persoas. Recólleo eldiario Norte
Xuristas e penalistas de todo o Estado asinan un manifesto conxunto contra a cadea perpetua revisable e o endurecemento desta condena que impulsa o Goberno central. O texto impulsado polo Grupo de Estudos de Política Criminal ten participación galega, como a do voceiro de Xuízas e Xuíces para a Democracia, Xermán Varela.
O PP gábase de non dedicar "nin un segundo" a falar de Ciudadanos mentres medra o temor interno ao ascenso na intención de voto aos de Rivera. Así o reiteraron tras a xuntanza de dirixentes territoriais do partido en Madrid, na que participou Feijóo.