AUDIO | Feijóo asegura que o "obxectivo fundamental" do cartel do Entroido da Coruña era "insultar e faltar ao respecto a miles de cidadáns". Afirmouno tras asegurar, non obstante, que concorda con Pedro Puy en que o asunto non debera chegar aos tribunais de Xustiza. Escoita aquí as declaracións do presidente ao termo do Consello da Xunta
Fálase
Agadic chega a un acordo cos festivais de cinema que quedaran sen axudas, que recibirán cantidades "proporcionais ás que ían ser solicitadas se fosen admitidas as súas solicitudes", segundo indica a Xunta nun comunicado que recolle Europa Press na súa web
A A-6 estará restrinxida a un só carril por sentido nun quilómetro xusto no límite entre Lugo e León ata finais de xuño. Fomento vén de cortar a calzada sentido Madrid por obras e desvía todo o tráfico pola calzada sentido A Coruña.
Dimite o alcalde de Negreira acusado de apropiarse de 18 teléfonos móbiles. Comunicará a súa marcha ao pleno mañá venres, segundo adianta Europa Press.
Feijóo anuncia unha nova lei de Portos de Galicia que ampliará as concesións de 30 a 50 anos. O presidente xustifica que facilitará os investimentos e as súas amortizacións. A Xunta vén de ampliar tamén as concesións das bateas.
A maior parte de Galicia está este xoves en risco de incendios moi alto ou extremo por altas temperaturas e fortes ventos. A xornada comezou con tres incendios activos en Negreira, Boiro e As Pontes que suman unhas 140 hectáreas, segundo Medio Rural, que adoita non informar dos inferiores a 20. O pasado ano arderon en Galicia 21.000 hectáreas.
As Cortes de Castela e León reclaman unha investigación independente sobre Angrois antes que o Parlamento galego. Recólleo Faro de Vigo
O xefe de Anticorrupción tentou frear rexistros na operación contra a corrupción do PP en Madrid. Outros fiscais propiciaron unha votación que deron en gañar, mantendo así as operacións previstas. Recólleo eldiario.es
O mazarico real, declarada ave do ano en Galicia pola Sociedade Galega de Ornitoloxía. Trátase dunha especie en perigo de extinción cuxos escasos exemplares se atopan na contorna do aeródromo de Rozas, na Terra Chá.
Pontevedra non rexistra ningún falecemento en atropelos por sexto ano consecutivo. O goberno local liga estes resultados co modelo urbano da cidade e aposta agora por avanzar cara ás "cero vítimas graves" nestes accidentes. Afirmouno a edil Carme da Silva durante a presentación da memoria de 2016 da Policía Local. Recólleo Pontevedra Viva