Somos Acó

Documental que denuncia o sufrimento das familias do rural galego polo desmantelamento das escolas públicas por parte da Administración. Tamén amosa a esperanza e a loita destas familias para defender o rural como medio para desenvolver unha vida digna e con futuro. Foi rodado no verán de 2012 na montaña de Lugo e na cidade de Compostela froito da colaboración entre Fílmika Galaika e os diversos coleitivos afectados polas políticas desmanteladoras da administración.

Dirección e Produción: Seném Outeiro e Roi Carballido. Montaxe e edición: Roi Carballido. B.S. Que Chova do grupo Quempallou.