Como contratar publicidade en Praza.gal?
En Praza.gal a túa empresa ou entidade pode anunciarse con banners na nosa portada ou nas nosas páxinas interiores, dun xeito flexible e respectuoso co público que nos le. Estes espazos publicitarios poden ser fixos ou rotatorios.
Tamén é posible patrocinares seccións, blogs ou contidos específicos do noso xornal. O patrocinio de contidos sempre é explícito no xornal mediante unha indicación gráfica e/ou textual visible para quen nos visita.
Non cómpre que sexas un grande anunciante: ti decides canto queres gastar e que visibilidade lle queres dar ás túas promocións. Contacta connosco no correo electrónico publicidade@praza.com ou no teléfono (+34) 615.37.68.61 para consultares detalles da contratación de publicidade en Praza.gal ou obteres a información que precises do impacto da nosa web e redes sociais.