A TVG prevé un só debate ás 9:30 da mañá na campaña das xerais
As forzas políticas reciben este venres o plan de cobertura elaborado pola CSAG para o 29N, cun só debate televisivo matinal e noutro na Radio Galega ás oito do serán. RTVE propón tres de ámbito estatal en horario de máxima audiencia. PP, PSdeG, Fronte Ampla e BNG elixirán as quendas de apertura e peche dos catro bloques temáticos dos debates e a súa situación no estudio por orde dos votos obtidos en 2023 e non por sorteo