As solicitudes de voto por correo aumentan un 16% en relación a 2019

Evolución do número de solicitudes de voto por correo ©

O voto por correo aumenta de forma importante en relación ás eleccións de novembro de 2019 no conxunto do Estado (+8,9%) e, sobre todo, en Galicia (+15,8%)

Correos publicou este venres os datos provisionais de solicitudes de voto por correo realizadas e estimadas para as eleccións xerais deste domingo 29 de novembro. As cifras non varían apenas en relación ás publicadas hai sete días e o voto por correo aumenta de forma importante en relación ás eleccións de novembro de 2019 no conxunto do Estado (+8,9%) e, sobre todo, en Galicia (+15,8%).

Nos comicios de xullo de 2023 o número de solicitudes en Galicia foi moi superior (146.144), algo explicable polo carácter estival e vacacional dese mes, polo que os dous comicios non son comparables.

En total admitíronse no conxunto do Estado 1.012.033 votos por correo, que representan o 92,03% das solicitudes admitidas. En Galicia o número de votos admitidos foi 66.051, o 94,8% das solicitudes admitidas

Nos comicios de xullo de 2023 o número de solicitudes en Galicia foi moi superior (146.144), algo explicable polo carácter estival e vacacional dese mes, polo que os dous comicios non son comparables

O gráfico amosa a evolución das solicitudes nas eleccións xerais celebradas en Galicia dende o ano 2011. A evolución é crecente, pero hai grandes diferenzas en función do momento do ano no que tiveron lugar os comicios. Así, a segunda cita con máis solicitudes despois de 2023 foi a de 2016, unhas eleccións que se celebraron a finais do mes de xuño.

Tamén se inclúe, como referencia, o dato dos últimos comicios realizados en Galicia, as eleccións ao Parlamento galego de febreiro de 2024. Nesa ocasión o número de solicitudes foi de 62.831

Chaman a atención as diferenzas dos datos por provincias. O número de solicitudes en relación a novembro de 2019 aumenta de forma moi significativa na Coruña (+24%) e tamén en Pontevedra (+18%). Faino algo menos en Lugo (+13%). E, pola contra, descende un 7% na provincia de Ourense.

No conxunto do Estado os maiores incrementos no número de solicitudes en relación a novembro de 2019 prodúcense nas illas Baleares e Canarias e en Euskadi, Navarra e Catalunya. Tamén en Andalucía, con aumentos superiores aos 25% en Málaga ou Sevilla.

En cambio, a maior parte dos descensos corresponden a provincias de Castela-A Mancha, Castela e León ou Estremadura, encabezadas por Cidade Real, Albacete, Cuenca e Palencia. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.