Un Culturgal para todos os sectores da cultura galega e máis de 200 actividades
A Feira das Culturas Galegas reunirá en Pontevedra do 26 ao 29 de novembro a máis de 800 artistas e creadores de todas as disciplinas en preto de 200 espectáculos e actividades. O musical As Cigarreiras, unha tarde de homenaxe a Narf ou un concerto das bandas gañadoras dos premios Martín Códax, entre os avances da programación