A gala da 14ª edicións dos galardóns de cine e series terá lugar o 23 de xaneiro no recinto feiral, este ano con bancadas para que o público da cidade poida compartir espazo xunto con nomeados e outros convidados, algo que non ocorrera nas dúas edicións anteriores
Pontevedra volverá acoller, por terceiro ano consecutivo, a gala de entrega dos Premios Feroz, organizados pola Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE). Unha das novidades máis importantes é que o público pontevedrés poderá gozar dos Premios Feroz 2027 no mesmo recinto feiral, xunto aos nomeados e outros convidados, grazas á instalación de bancadas, algo que non ocorrera nas dúas edicións anteriores.
A gala da 14ª edicións dos premios de cine e series terá lugar o 23 de xaneiro. O procedemento para a retirada de entradas comunicarase proximamente a través das canles oficiais do Concello de Pontevedra e dos Premios Feroz. A asistencia sería de balde.
A organización destaca que se trata "dun paso máis para que as pontevedresas e pontevedreses sintan preto estes galardóns e aos seus protagonistas e, á vez, que os que participan no evento noten a calor e a complicidade do público da cidade"
A organización destaca que se trata "dun paso máis para que as pontevedresas e pontevedreses sintan preto estes galardóns e aos seus protagonistas e, á vez, que os que participan no evento noten a calor e a complicidade do público da cidade". A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, sinalou que o obxectivo desta medida é "dar un paso máis para que a xente sexa partícipe do evento, xa que o éxito destas edicións radica na implicación da veciñanza de Pontevedra".
Tamén se presentou a imaxe gráfica da edición 2027 dos Feroz, que mantén as iconas que representan á cidade e que foron a base de toda a imaxe dos Feroz en Pontevedra (a Ponte do Burgo, o Papagaio Ravachol, a Fonte dá Ferrería, a cidade sustentable, a compoñente acuática da cidade...).
Maratón de series
A Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra será a sede das actividades previas dos Premios Feroz 2027, que arrancarán o día 10 de outubro cun maratón de series e coloquios abertos ao público
A Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra será a sede das actividades previas dos Premios Feroz 2027, que arrancarán o día 10 de outubro cun maratón de series e coloquios abertos ao público. A programación do mes inclúe a proxección de tempadas completas de cinco producións de recoñecido éxito. Debido ás obras de remodelación do Teatro Principal, o salón de actos da facultade adaptouse cun equipamento de proxección de calidade para acoller todas as sesións.
As sesións celebraranse os días 10, 16, 17, 25 e 31 de outubro ás 18:00 horas, agás a xornada inaugural que comezará ás 17:00 horas:
- 10 de outubro: Proxección da primeira tempada de Vida perfecta e posterior coloquio coa actriz Celia Freijeiro
- 16 de outubro: Proxección de Autodefensa e encontro coa súa creadora e protagonista Berta Prieto.
- 17 de outubro: Proxección da primeira tempada de Paquita Salas, creada por Javier Ambrossi e Javier Calvo.
- 25 de outubro: Proxección de Fácil acompañada dunha conversa coa actriz Coria Castillo.
- 31 de outubro: Proxección da primeira tempada de Cardo e coloquio coa creadora e actriz Ana Rujas e a co-creadora Claudia Costafreda.