- Reportaxe Dereito á vivenda
- Acontece Santiago
Acampar pola vivenda: "Estamos cansas e enfadadas, seguimos polas compañeiras e por todas"
Ata 150 persoas chegaron a durmir no último mes na acampada pola vivenda da Praza do Obradoiro. Persoas diversas que se están a organizar para que ninguén esqueza esta crise que vulnera un dereito fundamental. A primeira reclamación desta acampada é a "expropiación do patrimonio aos grandes empresarios", como a Igrexa e os fondos voitre –din– para o seu "uso" por parte da clase traballadora