Adaptarse ou morrer: non hai volta atrás nas altas temperaturas do mar
O verán deixa récords de máximos en todas as boias de medición que ten Portos do Estado en Galicia, con 23,13º de temperatura na superficie do mar na baliza de Estaca de Bares. "Normalmente toda a costa atlántica de Galicia e Portugal está protexida nas zonas de afloramento, que actúan como unha sorte de refuxio térmico. Pero, ata cando poderán aguantar?", cuestiona o investigador da UVigo Ramón Gómez Gesteira.