NUMAX, premio libraría cultural 2026: "Para que un libro saia adiante o mellor que se pode facer é falar del"
Con ledicia, sorpresa e incredulidade. Así recibiron as libreiras de NUMAX este galardón, outorgado pola Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Librerías (CEGAL), co apoio do Ministerio de Cultura. "Este é o mellor premio que podemos ter no noso ámbito", explica Mariña de Toro xunto a María Villamarín e Olaia Tubío