Baena e Sánchez-Bravo, lembrados para sempre en Vigo e o asasinato de Reboiras, á querela arxentina
Dous dos cinco últimos fusilados polo franquismo serán homenaxeados polo Concello, que prevé tamén dedicarlle cadansúas rúas. A familia do militante nacionalista asasinado pola policía franquista incorpora o seu caso á demanda en Bos Aires contra os crimes da ditadura.