Campaña para reclamar "masivamente" que a Xunta publique o pacto secreto con Altri
Ulloa Viva, as plataformas contra a Mina de Touro e na Defensa da Ría de Arousa e mais Adega facilitan un "escrito modelo" para que "a cidadanía galega rexistre de forma masiva a mesma petición" de acceso ao contido do acordo asinado entre Impulsa Galicia e a empresa portuguesa. Coñecer o documento, alegan, ten "especial interese" mentres "o PP ameaza con recuperar o proxecto industrial en caso de que chegue a gobernar o Estado coa axuda de Vox"
