[Información en actualización, elaborada este 12 de novembro polo seguimento da folga xeral pola redacción de Praza.gal durante o 11N]
Decenas de milleiros de persoas secundaron as manifestacións deste 11N, que superaron as expectativas sindicais con matices e visións diversas pero con reclamacións básicas comúns: dereito a unha vida digna, con vivendas accesibles e salarios adecuados.
Hai mobilizacións que van alén da conxuntura puntual e marcan un punto de inflexión. Polas súas reivindicacións concretas, mais tamén polo seu contexto político e social e polo seu potencial de impacto real, factores que as converten en mobilizacións de época.
Sucedeu no noso país hai algo máis de dúas décadas, coa vaga de protestas tras o naufraxio do Prestige, que confluíu pouco despois coa enorme oposición cidadá á participación española na guerra de Iraq. Máis recentemente, a folga feminista do 8M de 2018 foi outro bo exemplo dunha mobilización de época, consideración que tamén cabe atribuír ás enormes manifestacións coas que este 11 de novembro culminou a folga xeral nas principais cidades galegas.
Manifestacións Vigo 11N
-
Faixa da Alianza pola Vivenda, na manifestación de Vigo este 11N Folga Xeral -
Faixa da CIG en Vigo, este 11N Folga xeral -
Manifestación da CIG en Vigo pola folga xeral 11N -
Manifestación de CCOO e UGT en Vigo pola folga xeral 11N -
Mobilización unitaria pola folga xeral do 11N en Vigo -
Mobilización unitaria pola folga xeral do 11N en Vigo -
Mobilización unitaria pola folga xeral do 11N en Vigo -
Mobilización unitaria pola folga xeral do 11N en Vigo -
Mobilización unitaria pola folga xeral do 11N en Vigo
Aínda co impacto do paro laboral en plena avaliación, do máis evidente nos principais centros industriais e portuarios dende primeiras horas da mañá ao máis escaso no pequeno comercio e outros ámbitos do sector servizos, as mareas humanas nas que viraron as manifestacións unitarias do serán superaron expectativas. Con matices e tons diversos, con visións dispares da realidade, pero con reclamacións básicas comúns: dereito a unha vida digna, con vivendas accesibles e salarios adecuados.
Nelas confluíron os principais sindicatos, que na mañá desenvolveran as súas respectivas protestas -encabezadas polas da CIG, por unha banda, e as de CCOO e UGT, por outra-, cos primeiros motores da folga xeral, os colectivos na defensa do dereito á vivenda. E tamén -se cadra, sobre todo- con innumerables persoas a título individual en manifestacións interxeneracionais, pero con indubidable protagonismo de xente moza, de moitas persoas que na anterior folga xeral, hai case década e media, eran nenas e nenos.
Plataformas como a Alianza pola Vivenda de Vigo, o Sindicato de Vivenda da Coruña, o Sindicato de Vivenda de Compostela ou Vivenda Xa! viñeron actuando como faíscas dende hai meses e mesmo anos poñendo o foco sobre o problema de acceso á vivenda e nas últimas semanas, admiten, víronse desbordadas polo crecemento da mobilización. Ese desborde foi palpable nas rúas este 11N, sobre todo nas dúas cidades máis poboadas, onde o adxectivo "histórica" planeou sobre as marchas.
Manifestacións A Coruña Folga Xeral 11N
-
Manifestación CIG A Coruña Folga Xeral 11N -
Manifestación CIG A Coruña Folga Xeral 11N -
Manifestación CIG A Coruña Folga Xeral 11N -
Manifestación CIG A Coruña Folga Xeral 11N -
Manifestación CIG A Coruña Folga Xeral 11n -

Manifestación CIG A Coruña 11N Folga Xeral -

Manifestación A Coruña 11N Folga Xeral -
Manifestación A Coruña 11N Folga Xeral -
Manifestación A Coruña 11N Folga Xeral -
Acto Sindicato de Vivenda A Coruña 11N Folga Xeral -
Manifestación CCOO-UXT A Coruña 11N Folga Xeral -

Manifestación CIG A Coruña Folga Xeral 11N
Sucedeu en Vigo mesmo malia á intensa chuvia cunhas 50.000 persoas, segundo estimacións das organizacións convocantes. Igualmente na Coruña, onde a cifra manexada superou as 30.000 asistentes. E no resto de cidades, con cifras máis acordes ás súas realidades poboacionais pero en calquera caso, multitudinarias.
As consignas entre a concorrencia das protestas centrais da centráronse na vivenda, pero non ficaron nela. "Que pasa, que non temos casa?", "o pobo ten dereito a pan, traballo e teito" conviviron con clásicos militantes de absoluta actualidade coma "a loita é o único camiño". Porque o albo das mobilizacións era múltiple: o rendismo que expropia salarios, o empresariado que non os sobe e, por suposto, os gobernos que deixaron inchar a combinación dos dous elementos anteriores sen intervir no mercado da vivenda con todos os recursos ao seu alcance.
Folga do 11N en Santiago
-
Rúas turísticas de Santiago sen xente e cos negocios pechados este 11N -

Un autobús de servizos mínimos no ensanche de Compostela este 11N -
Policía no ensanche de Compostela este 11N -
Rúas sen xente e con negocios pechados no ensanche de Compostela este 11N -
Un piquete informativo na porta dun supermercado 24 horas en Compostela este 11N -
Cabeceira da manifestación unitaria en Santiago este 11N -
Manifestación unitaria en Santiago este 11N -

Manifestación unitaria en Santiago este 11N
Vigo: porto parado, rúas cheas
A xornada de folga xeral viviuse en Vigo con moita intensidade. As rúas do centro da cidade enchéronse pola mañá nas convocatorias de manifestación da CIG e de UGT e CCOO, que mobilizaron á clase traballadora tras acudir con piquetes informativos aos polígonos industriais da área metropolitana e a grandes superficies comerciais, que baixaron a persiana en numerosos casos. A actividade portuaria tamén estivo baixo mínimos e non houbo poxa na lonxa, segundo informou a CIG.
A choiva non amainou pola mañá nin pola tarde, mais antes das 18:00 horas xa era difícil acceder á Praza dos Cabalos, punto de partida da manifestación unitaria, que desbordou todas as expectativas. “Que é o que pasa? Que non temos casa!” foi o grito que uniu aos milleiros de manifestantes que apoiaron a folga xeral e conseguiron ocupar dende a Praza dos Cabalos ata a Alameda, coa Gran Vía e as rúas de Urzáiz e Colón nun fluír continuo de xente, cunha moi salientable participación da mocidade.
Houbo que ler o manifesto varias veces, e aínda seguía chegando xente. Vigo quedou paralizada e colapsada dende as seis da tarde ata pasadas as nove da noite pola masiva mobilización que discorreu baixo o lema “Fronte á carestía da vida: vivenda, salarios, pensións e servizos públicos”, como rezaba a pancarta de cabeceira da Alianza pola Vivenda de Vigo, que reúne as principais centrais sindicais e mais aos colectivos de vivenda.
Piquetes folga xeral 11N
-
piquetes coruña ccoo 11N Folga Xeral -
piquetes ferrol ccoo 11N Folga Xeral -
piquetes CIG 11N Folga Xeral -
piquetes CIG 11N Folga Xeral -
piquetes CIG 11N Folga Xeral -
piquetes CIG 11N Folga Xeral -
piquetes CIG 11N Folga Xeral -
piquetes CIG Ferrol 11N Folga Xeral -
piquetes cig coruña 11N Folga Xeral -
piquete cig vilagarcia 11N Folga Xeral -
piquete cig vilagarcia 11N Folga Xeral -
piquete cig vigo 11N Folga Xeral -
piquete cig vigo 11N Folga Xeral -
piquete cig lugo 11N Folga Xeral -
piquete cig laracha 11N Folga Xeral -
piquete cig inmobiliaria -
piquete cig gadis vigo -
piquete cig coruña folga xeral 11N -
piquetes ccoo folga xeral 11N -
piquetes ccoo santiago folga xeral 11N -
piquetes ccoo lugo folga xeral 11N -
piquetes ccoo lugo folga xeral 11N -
piquetes ccoo lugo folga xeral 11N -
piquetes ccoo coruña folga xeral 11N -
piquetes cig coruña folga xeral 11N -
piquetes cig coruña folga xeral 11N -
piquetes cig coruña folga xeral 11N -
piquetes cig coruña folga xeral 11N -
piquetes cig coruña folga xeral 11N -
piquetes cig coruña folga xeral 11N -
piquetes cig coruña folga xeral 11N -
piquetes cig coruña folga xeral 11N -
piquetes ccoo coruña folga xeral 11N -
piquetes ccoo coruña folga xeral 11N -
piquetes ccoo coruña folga xeral 11N
A problemática para atopar vivenda en Vigo é transversal. Quedou demostrado nesta mobilización, na que tamén se escoitaron consignas como “menos luces e máis vivenda!” ou “violencia é non chegar a fin de mes”. Con todo, o Concello non pediu a declaración de zona tensionada polo prezo dos alugueiros, como si fixeron na Coruña e Santiago, destacan os convocantes.
A Coruña: "Temos as chaves de toda a cidade"
O 11N amenceu coa Coruña a medio gas. O desempeño sindical nos polígonos industriais e en servizos estratéxicos como a recollida do lixo evidenciaba o seu efecto mentres, en diversos puntos da cidade, o aspecto era máis propio dun día festivo posterior a unha noite intensa: algúns locais hostaleiros con algunha clientela de idade máis ben avanzada. Co paso das horas, algúns barrios seguían entre o ralentí e sensación relativa normalidade mentres cara ao centro, as manifestacións sindicais evidenciaban o clima mobilizador.
A manifestación da CIG, moito máis concorrida que anteriores convocatorias, primeiro; e xusto a continuación, a menos numerosa pero así e todo voluminosa manifestación de CCOO e UGT serviron como primeira toma de temperatura. O paro sería parcial, mais a mobilización non sería unha máis.
E así se evidenciou pola tarde. O Sindicato de Vivenda, outra volta como mobilizador central, pero cos sindicatos de clase como apoios esenciais nas últimas semanas, volveu levar o inicio das mobilización unitaria do serán aos barrios populares, a rúas obreiras castigadas en primeira persoa pola crise da vivenda. "Temos as chaves de toda a cidade; o barrio non se vende, o barrio deféndese", ecoou na Agra do Orzán para comezar unha mobilización que culminou na praza de Tabacos, ao carón da sede xudicial que noutrora foi a fábrica na que as cigarreiras foron vangarda de loita obreira. "A loita é o único camiño, clamou a multitude", entre a que emerxían dous cabezudos coas facianas de Alberto Núñez Feijóo e Santiago Abascal noutra evidencia da transversalidade da mobilización: mesmo o talento entroideiro de Monte Alto estivo clamando polo dereito á vivenda.
Quilómetro e medio de clamor en Compostela
En Santiago este mércores foi unha xornada na que a nota dominante foi a pouca xente que circulaba polas rúas, fose a pé ou en vehículos. Nin sequera os omnipresentes turistas eran tantos como nas xornadas previas. Os piquetes informativos actuaron a primeira hora da mañá tanto nos polígonos do Tambre e da Sionlla como polas rúas do centro da cidade, pero boa parte dos negocios, de todo tipo, permaneceron pechados durante todo o día. Mesmo as rúas máis turísticas do casco vello presentaban unha imaxe deserta, con só uns poucos negocios de hostalaría abertos.
Pero así como estiveron baleiras durante boa parte do día, as rúas do casco vello e do ensanche enchéronse de xente durante a manifestación unitaria da tarde. Xa pola mañá os sindicatos convocantes realizaran actos por separado, pero foi a multitudinaria marcha da tarde a que marcou a xornada. A súa saída estaba prevista ás 18 horas da praza do Obradoiro e acabouno facendo quince minutos máis tarde.
Pero os últimos manifestantes non lograron saír da praza ata unha hora despois, ás sete e cuarto da tarde. Para esa hora a cabeceira da marcha xa estaba quilómetro e medio por diante, tras recorrer as rúas do Franco, Senra, Hórreo e República Arxentina en dirección a Romero Donallo. Varios milleiros de persoas de todas as idades que alternaron berros reivindicativos co axitar de chaves.
Valoracións sindicais
Para o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, o vivido este 11N en Galicia foi "a suma de todas as loitas que levamos meses facendo, convenio a convenio, contra unha patronal que ten bloqueadas as negociacións para aumentar os seus beneficios a conta das nosas vidas". Advirte Carril que, para a central sindical nacionalista, esta folga xeral é un punto de inflexión tras o que debe continuar a mobilización en esixencia dun "plan de choque para garantir unha vida digna", dende maior protección social a garantir o dereito á vivenda.
Tamén a secretaria xeral de CCOO Galicia, Amelia Pérez, sostén que a xornada de folga serviu para evidenciar que "non imos permitir que os especuladores fagan negocio coa vida da xente", pero tamén para facer "un chamamento a intensificar a loita en todas as frontes: política, social, económica e sindical". "Relaxar os esforzos agora sería un erro que as xeracións vindeiras non nos perdoarían", advirte.
Cristóbal Medeiros, líder de UGT Galicia, chama a contrastar a potencia destas mobilizacións coa posición de "quen está a chamar lixo ás organizacións sindicais", en referencia ao PP. "A nosa dignidade non se insulta, a nosa loita non se detén, nin un paso atrás nos nosos dereitos", advirte Medeiros, quen subliña que as cuestións de fondo tras a folga teñen que ver con que "a economía non pode ir ben cando a vida de quen a sostén vai mal" e "non se pode aceptar que os salarios queden atrás mentres os prezos seguen subindo".