- Datos Cambio climático
- Acontece
O país dos mil ríos (secos): case todos teñen menos caudal do que adoitan
Case o 80% presentan unha situación de seca segundo a análise interactiva realizada polo investigador do CSIC Dominic Royé, baseada nos datos diarios das estacións de control dos cursos fluviais.
O plan do galego emenda os medios públicos e ponlles deberes para seren "motores de normalización"
A proposta de novo Plan Xeral de Normalización pide que se "reforce" o seu papel como "espazos de liderado lingüístico e referentes de exemplaridade social da lingua" e que a súa programación "fomente a autoestima dos galegofalantes" e atraia o interese dos que non o son. O documento pide máis oferta para a mocidade, máis colaboradores que falen galego, menos publicidade en castelán ou máis "supervisión no control da calidade lingüística".
O plan do galego alén das aulas: "derrubar" prexuízos ou "acollemento lingüístico" a inmigrantes
A proposta de novo Plan Xeral de Normalización propón numerosas medidas para recuperar a transmisión interxeracional do idioma, impulsalo e promocionalo entre a rapazada e lograr que a poboación chegada de fóra "o incorpore como lingua de comunicación".
A Fiscalía ve "evidentes erros" de Xunta e Concello na orixe do grande incendio de Oímbra
O ministerio público pide exculpar o tractorista dunha adxudicataria do Goberno galego que provocou o lume facendo rozas nunha xornada de risco extremo porque se limitaba a seguir ordes de traballo. Descarta imprudencia grave do operario, o que abre a porta a que se diriman pola vía civil as responsabilidades das administracións.
Traballo frea a intención do novo convenio téxtil de facilitar os contratos temporais e de substitución
O Ministerio paraliza a tramitación do polémico marco laboral estatal aprobado pola patronal, CCOO e Fetico, insta a corrixir varios aspectos e detecta varios artigos contrarios ao Estatuto dos Traballadores.
A Xunta recibe a SAIC ofrecendo "todo o posible" para que transforme "o futuro industrial de Galicia"
Nun acto solemne de recepción oficial, o vicepresidente da multinacional chinesa promete un futuro de "prosperidade" e unha "filosofía de desenvolvemento local" para contar con empresas e persoal galego no seu proxecto industrial en Ferrolterra.
- Entrevista | Hugo Javier Freitas
- Cultura
"Non sempre se lle dá á emigración galega todo o peso humano, cultural e histórico que merece"
Este profesor e historiador arxentino, neto de galegos, reconstrúe en 'Raíces na auga' a experiencia migratoria entre Galicia e o Río da Prata a finais do século XIX e comezos do XX a partir dunha fonda investigación das súas orixes familiares nunha parroquia de Abadín.
SAIC en Galicia: entre a teima polos prazos e o receo a un cambio na Moncloa
O grupo chinés intensifica os contactos empresariais e institucionais e deixa clara a necesidade de respectar o calendario marcado para o seu proxecto en Ferrol e As Pontes. A multinacional amosa a súa inquedanza ante unha posible chegada ao poder de Feijóo e do PP, máis reticentes ao investimento chinés, en contraste co entusiasmo amosado pola Xunta e coa política de colaboración mutua impulsada por Sánchez.
O 40% do sector cultural galego aumentou os seus ingresos e a súa audiencia en 2025
O 'Barómetro da Cultura Galega' advirte que as entidades culturais en Galicia traballan máis aínda que iso non se traduza en máis ingresos polos elevados custos. Máis da metade delas declara non ter solicitado ningunha axuda pública o pasado ano.
BNG e PSdeG volven unirse para denunciar a "censura" da TVG no Parlamento Europeo
Os eurodeputados Ana Miranda e Nicolás González Casares advirten conxuntamente da ocultación das súas críticas á polémica Directiva de Retorno e aseguran que a televisión pública evitou tamén vinculala ao PP e a Vox ou aclarar que ten a esquerda en contra. Ambos aseguran tamén que lles foi recortada unha entrevista na que se censuraron as súas críticas a este regulamento.
A folga na alimentación da Coruña ameaza as vendas dos supermercados na véspera do San Xoán
CIG, CCOO, UGT e USO convocan paros os días 21, 22, 23 e 24 de xuño no comercio da provincia coruñesa por un convenio digno e ante o "inmobilismo" da patronal, á que acusan de querer "perpetuar os baixos salarios e a precariedade". Os sindicatos prevén un seguimento masivo, en especial na xornada previa á celebración, cando hai tamén convocadas manifestacións.
Sintonía patronal coa campaña da Xunta contra o persoal de baixa
As patronais española e galega coinciden en demandar medidas contra o "absentismo laboral" na liña das impulsadas polo Goberno galego nos dous últimos meses. A CEOE pide que a Seguridade Social asuma as cotizacións e os salarios nos primeiros 15 días de incapacidade temporal e tamén máis poder para as mutuas, como xa llelo concedeu o Goberno galego.