A Xunta pacta coa patronal e cun só sindicato o plan para controlar as baixas
O Goberno galego aproba o plan, con 18 millóns de euros de orzamento, co apoio da CEG e de UGT. A central celebra o acordo por "centrarse na protección da saúde laboral e no benestar laboral" e di ter "cambiado o enfoque": "Pasouse co control ao coidado". CIG e CCOO critican o pacto.
"Privatizador e clasista": BNG e PSdeG denuncian a exclusión dos campamentos municipais do Bono Concilia
Ambos partidos advirten do prexuízo a milleiros de familias. O Bloque censura a "falta de transparencia e responsabilidade" e o "menosprezo aos servizos públicos"; os socialistas lamentan que a Xunta volva optar por “subvencionar o ámbito privado en detrimento do público”.
A Xunta deixa fóra do Bono Concilia familias que optaron por campamentos municipais e só subvencionará os privados
Política Social exclúe das axudas as actividades para a conciliación no verán organizadas polos concellos, cuxas prazas optaban á subvención ata agora, e anúnciao semanas despois de que se formalizasen as matrículas.
As empresas aforran case 200 millóns ao ano polas horas extras non pagadas en Galicia
En pleno debate sobre a conveniencia de reducir as baixas, impulsado pola Xunta e mais a patronal, un informe de CCOO revela que máis de 25.000 persoas no país fan horas extras sen remuneración e perden 7.700 euros anuais de media.
- Datos Cambio climático
- Acontece
Galicia rexistra 242 mortes atribuíbles á calor desde mediados de maio
Unha maioría dos falecementos corresponderon a mulleres (case o 75%) e sobre todo a persoas de idade avanzada.
Pardiñas lamenta os "actos violentos" que provocaron a cancelación dun concerto tras protestas propalestinas
A Asociación Cultural Xermolos, que reafirma o seu "compromiso inquebrantable" coa causa palestina, lamenta "asalto ao escenario" e o "lanzamento de obxectos" ao grupo Dobranotch, que obrigou a suspender a súa actuación. Lamenta a organización dun boicot á banda "sen un intento de diálogo previo".
- Datos
- Economía
A regularización impulsa o emprego en Galicia, que gaña 13.000 afiliacións en xullo
Máis de 11.300 persoas migrantes regularizadas no proceso extraordinario xa están traballando legalmente no país: o 30% de todas as que se acolleron ao procedemento.
Máis de media Galicia en prealerta por seca
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil declara nesta situación por escaseza de auga en todos os concellos galegos da súa demarcación, que se unen aos 32 da conca Galicia-Costa que xa o estaban.
- Datos
- Economía
Así se come en Galicia: carne, peixe e pataca abondo, escasa verdura e pouco prato preparado
O consumo por persoa no país baixou un chisco o pasado ano pero o gasto no supermercado marcou récord, con máis de 1.970 euros per cápita, segundo o informe anual do Ministerio, que debulla os hábitos alimentarios nas diferentes comunidades autónomas.
O lume na Meseta confirma as alertas climáticas sobre os novos incendios que xa sufriu Galicia
As lapas que sofre o centro peninsular ratifican os avisos que expertos levan lanzando sobre a nova tipoloxía duns fogos avivados polo impacto do cambio climático. As abundantes chuvias do inverno fixeron crecer de xeito exuberante vexetación que, tras a forte calor dos últimos meses, convértese en combustible idóneo para a expansión das chamas.
Caen as torres de refrixeración, queda a cheminea: As Pontes perde outro símbolo industrial
A voadura dos catro grandes depósitos remata coa paisaxe icónica da vila pontesa e da central térmica, que funcionou durante máis de medio século e deixou de queimar carbón hai tres anos. Malia as intencións iniciais de derrubalas a un tempo, dúas caeron á hora prevista e as outras, un cuarto de hora máis tarde.
O xulgado ordena pór Meirás ao nome do Estado tras a sentenza que expulsou os Franco
O xulgado coruñés que ditou a histórica primeira sentenza sobre a recuperación do Pazo formaliza ante o Rexistro da Propiedade de Betanzos a súa inscrición como inmoble público