Médicos responden con máis folgas e ameaza dunha indefinida á marcha atrás do Sergas co plan de primaria
Simega convoca folga o 26, como os sindicatos da mesa sectorial (CIG, CSIF, CCOO e UGT) e O'Mega, que a amplía a 27 e 28; asembleas de médicos da Coruña e Santiago secundarana os tres días e advirte dun paro indefinido se Sanidade non rectifica.
Galicia, sitio distinto ante a proliferación de facultades de Medicina no Estado
España supera por moito as recomendacións da OMS sobre o número de titulacións, que seguen a aumentar coa apertura de catro máis en Burgos, León, Teruel e La Rioja o vindeiro ano. A da USC é a que conta con máis alumnado e só catro autonomías, todas moito menos poboadas, contan cun único grao.
25.000 hectáreas máis de eucalipto en dous anos malia a moratoria
Os datos do inventario forestal cifran en 438.156 as hectáreas desta especie en Galicia en 2024, 19.000 máis que en 2023, e confirman as advertencias de sector forestal, entidades ecoloxistas ou oposición.
Confinadas todas as galiñas ante a expansión da gripe aviaria
O Goberno de España decreta o confinamento de todas as aves de curral criadas ao aire libre ante o "claro risco de contaxio" da doenza pola migración de aves silvestres desde países do centro e norte de Europa, que sofren un "incremento notable" do número de focos.
O mal exemplo dos pais co móbil duplica as condutas de risco da mocidade en internet
Un amplo estudo a nivel estatal sobre o impacto da tecnoloxía na infancia, coa participación da USC, destaca que un de cada dez nenos e nenas recoñece ter sufrido ciberacoso e que un de cada tres adolescentes foi vítima de violencia dixital na parella.
A universidade de Abanca lanza a novena titulación de Enfermaría en Galicia e anuncia Biomedicina
A Universidad Intercontinental de la Empresa, en alianza con HM Hospitales, descarta polo de agora Medicina pero impartirá desde o vindeiro curso Enfermaría, e Biomedicina e Fisioterapia a partir de 2027.
Galiñas confinadas en 40 concellos: así son as medidas contra a gripe aviaria
O avance da doenza en Europa provoca medidas de prevención desde este pasado luns que inclúen o peche das aves de curral nos municipios con especial risco ou vixilancia. A Xunta comunicou este martes o décimo caso rexistrado en especies silvestres.
"É un acto de partido": o PP de Noia gastou fondos do Concello en bares malia anos de avisos
Varios informes de Intervención recomendaron non admitir as facturas de locais de hostalería coas que os populares xustificaban os gastos da asignación municipal para o funcionamento do seu grupo e que agora investigarán a Fiscalía e mais o Tribunal de Cuentas.
O Concello de Noia leva o ex-alcalde do PP á Fiscalía polos gastos de fondos públicos en restaurantes
O informe xurídico encargado conclúe que o uso da asignación municipal aos grupos para o pago de comidas, bebidas ou hoteis por parte dos populares debe ser posto en coñecemento do Ministerio Fiscal e do Tribunal de Cuentas, instancia á que tamén acudirá o goberno noiés.
Máis de vinte espazos que fan Lugar de Memoria a Ferrol, "cidade de loita obreira e resistencia"
O BOE publica este venres o inicio do procedemento para incluír a urbe na listaxe de Lugares de Memoria Democrática do Estado e xustifica a súa decisión por ser zona onde "conviven os espazos de violencia cos de dignidade e reconstrución cívica". Sinala 22 localizacións "emblemáticas" relacionadas coa loita antifranquista e pola democracia.
A nova atención primaria que rexeita o persoal sanitario: "O Sergas quere volver aos 90"
Sindicatos, organizacións profesionais e colexios médicos piden a "retirada inmediata" da proposta da Consellería de Sanidade para o novo modelo nos centros de saúde e nos PAC, que xa provocou a convocatoria de varias folgas. A homologación dos títulos a profesionais extracomunitarios, a reconversión das prazas á de facultativo especialista ou a inclusión dos sábados na atención continuada centran as críticas dun texto cun rexeitamento unánime.
Preacordo para descentralizar Medicina: UDC e UVigo terán unidades docentes
Os tres reitores e a Xunta anuncian un pacto para a descentralización en tres anos da docencia que se revisará anualmente. As demandas de título propio quedan en suspenso, aínda que as universidades coruñesa e viguesa aclaran que só "adían" a súa reclamación.