Altri alega contra o arquivo do seu proxecto porque a subestación eléctrica "non é imprescindible"
A falta de conexión eléctrica externa da planta, ao quedar fóra da planificación enerxética do Estado, foi a razón que esgrimiu o Goberno galego para arquivar a iniciativa. A empresa di agora que esa conexión externa á rede "non é imprescindible" porque conta co seu "propio sistema de coxeración" e que só serviría como "elemento de apoio" para unhas funcións que "poden ser asumidas mediante solucións alternativas".
- Datos
- Economía
Máis traballo estranxeiro ca nunca en Galicia: o 7,5% do emprego vén de fóra
Case 83.000 persoas afiliadas á Seguridade Social no país son de fóra do Estado, 10.000 máis que hai un ano e 53.000 máis que hai unha década. O 20% do persoal migrante traballa na hostalaría, sendo Venezuela, Colombia e Portugal os países con maior peso no mercado laboral.
A alcaldesa da Coruña pide "explicacións" ao Estado pola actuación policial en Riazor: "Sobrepasáronse límites"
Axentes realizaron no estadio controis de alcoholemia inéditos que provocaron a expulsión de varios afeccionados, e a súa actuación no recibimento ao equipo "puido causar un problema real e moi desagradable", segundo denuncia Inés Rey.
- 📺 Entrevista | Alberto Pombo As Letras de Begoña Caamaño
- Acontece A Coruña
"A inmigración é unha oportunidade para o futuro da lingua galega"
"A mocidade actual está a romper cos estereotipos sobre o galego, sen os complexos cos que foi criada a miña xeración", di o profesor e director do IES Rafael Dieste da Coruña, onde xurdiu Aquí Tamén Se Fala, proxecto estudantil pola dinamización e normalización do idioma que acumula premios e recoñecemento.
A xuízo un adestrador e un espectador por insultos homófobos a unha árbitra nun partido de menores en Ferrol
'Puta bollera de mierda' foi un dos insultos dirixidos cara á colexiada polo técnico dun dos equipos e por un afeccionado, segundo o auto do xuíz dun tribunal de Ferrol que orde a apertura de xuízo oral contra as dúas persoas.
Pontón e Besteiro coinciden en pedir á Xunta que triplique o orzamento para a lingua galega
En senllos actos na Coruña polo Día das Letras, os líderes de BNG e PSdeG censuran a política lingüística do goberno de Rueda, ao que piden máis recursos para a normalización e o impulso do idioma.
Os xefes de Urxencias denuncian graves eivas e o Sergas négaas todas
Os coordinadores de dez destes servizos hospitalarios en Galicia acusan nun duro comunicado á Consellería de "bloquear" a contratación de profesionais e lamentan falta de persoal, carencias informáticas e "discriminación" fronte a outros profesionais. Sanidade responde negando as denuncias e reivindicando o seu labor.
O convenio estatal do téxtil, que segue sen asinarse, volve sacar á rúa as dependentas en folga
Centos de traballadoras do sector volveron manifestarse contra o convenio que negocia a patronal ARTE con Fetico e CCOO, que volverán reunirse a finais do mes de maio, e insisten en pedir un acordo interprofesional en Galicia que blinde os convenios provinciais.
O Consello da Cultura pide máis recursos para a ciencia en galego: "O algoritmo non xoga a favor"
Un informe da entidade advirte do "devalo" da divulgación científica en lingua galega nas redes sociais e pide máis recursos, recoñecer o idioma como un valor engadido e que a TVG e a Radio Galega se impliquen máis: "A presenza da ciencia nas redes sociais dos medios públicos é case inexistente".
Tres de cada dez incendios en Galicia comezaron de noite durante 2025
Os datos completos dos fogos do pasado ano, logrados e liberados por Praza, acreditan que un terzo dos rexistrados en agosto iniciáronse tras caer o sol. Expertos advirten de que o pasado verán, "por primeira vez", focos secundarios prenderon de noite malia teren condicións menos propicias. Brigadistas aseguran que, durante esas horas, "todos son intencionados": "Pero hai que diferenciar cal é a intención".
As dependentas do téxtil volven á folga en Galicia contra o convenio estatal
Novo paro convocado este luns por CIG e UGT para rexeitar o preacordo asinado entre a patronal ARTE e os sindicatos CCOO e Fetico. O persoal mobilizado reclama un acordo interprofesional galego que blinde os convenios provinciais.
O'Mega suspende a folga médica tras pactar co Sergas "un cambio estrutural nas relacións laborais"
O acordo supón a volta das peonadas, recoñece a singularidade do persoal médico e abre un ámbito de negociación propio. Inclúe a xornada de 35 horas semanais, mellorar o descansos tras as gardas e incrementos retributivos nas horas extras e en complementos, tamén para os MIR.