Os sindicatos plántanse polas "inxerencias" de grupos médicos "non lexitimados" para negociar o estatuto marco
As organizacións sindicais con representación na mesa de negociación, entre eles CIG-Saúde, maioritario no Sergas, consideran "inaceptable" que o Ministerio "asuma" ou "propicie" presións e "preeminencia mediática" de colectivos gremiais á marxe das conversas oficiais. O Ministerio decidiu suspender a reunión prevista para este xoves ante a negativa das centrais a acudir.
Galicia suma 10.000 transplantes desde que a sanidade pública fixo o primeiro de ril en 1981
Rematou 2024 coa mellor cifra histórica, con 424 intervencións. Desde principios dos 80, cando principiou o programa, preto de 4.000 persoas doantes e as súas familias converteron o país "nun referente".
Persoal médico volve rebelarse contra medidas que limitan o seu traballo na privada
A proposta de estatuto marco do Ministerio de Sanidade, contra o que este luns se mobilizaron profesionais do Sergas en Galicia, prevé a exclusividade dos xefes de servizo nos hospitais públicos. A medida é rexeitada pola Xunta e organizacións como O'Mega ou Simega pero defendida por colectivos a prol da sanidade pública ou CIG-Saúde, sindicato maioritario.
"A forza da música galega na capital europea": o EmigraSon medra e consolídase na súa terceira edición
O festival galego en Bruxelas, organizado por mocidade emigrada, regresa este vindeiro 22 de febreiro e esgotou todas as entradas malia triplicar o número de billetes. Tanxugueiras, Fillas de Cassandra, Terbutalina e De Ninghures conforman o cartel deste ano.
O Concello de Cariño, gobernado polo PP, retira o nome de Manuel Fraga a unha rúa
O Partido Popular, que goberna en minoría, abstívose na votación dunha moción apoiada por BNG e PSdeG que insta ademais a mudar o nome de colexio público da localidade, dedicado tamén ao ex-presidente da Xunta e ex-ministro da ditadura.
O Supremo absolve a Louzán, que seguirá á fronte da RFEF sen cargos
O tribunal exonera o ex-presidente da Deputación de Pontevedra e do PP provincial, que cargaba cunha condena de sete anos de inhabilitación para ocupar un cargo público.
- 📺 Reportaxe Ano Castelao
- Cultura
O cuarto 202: veneración permanente ao "inmorrente" Castelao
O hospital do Centro Gallego de Bos Aires mantén inalterable o cuarto onde faleceu o histórico político galeguista hai 75 anos, mesmo despois da venda do edificio a un grupo sanitario, cuxo contrato especifica que a estancia pertencerá sempre á colectividade galega. "Aquí remóvense os sentimentos do galeguismo", di Ramón Suárez, presidente da histórica entidade.
150 euros menos ao mes polo mesmo labor: profesorado de FP denuncia "discriminación salarial"
Docentes do novo corpo creado en Formación Profesional polo Ministerio realizan as mesmas funcións, pero sen compensación salarial, que os técnicos aos que a Xunta si paga un complemento por non poder equipararse a súa categoría á de Secundaria. A Consellería culpa o Goberno central e advirte as persoas afectadas que xa coñecían as condicións ao presentárense ás oposicións.
- Datos
- Economía
Xaneiro deixa 2.500 persoas paradas máis e 12.500 empregos menos en Galicia
O remate da campaña de Nadal impacta nun mes sempre desfavorable para o mercado laboral.
- Entrevista | Javier Castrillo Pola sanidade pública
- Acontece Ourense
"Se suprimen a atención aos partos, o hospital de Verín acabaría desaparecendo"
Foi un dos referentes na loita contra o peche do paridoiro hai cinco anos, o que lle valeu para que o Sergas lle abrise un polémico expediente finalmente arquivado. Desde o mesmo posto que ocupaba daquela, fai balance daquel conflito e da mobilización cidadá: "Foi algo extraordinario".
Un paseo polas rúas máis mestizas da Galicia urbana: "En realidade, son todos de aquí"
A Coruña é a cidade galega con maior peso da poboación nacida no estranxeiro, que acada as maiores porcentaxes, por riba do 30%, nos barrios a unha e outra beira da Ronda de Outeiro. No epicentro dun deles, a Sagrada Familia, catro de cada dez persoas son inmigrantes. Pasamos un día nas súas rúas e coa súa xente.
A Coruña tamén implantará unha taxa turística
O Concello únese a Santiago de Compostela na aplicación dunha medida coa que busca "un equilibrio entre o turismo e a corresponsabilidade". Irá de 1 euro a 2,5 euros por persoa e día.