1.300 achegas, 60 entidades e cen expertos: as propostas para un galego "vital" preséntanse este sábado
Queremos Galego convoca en Santiago unha asemblea aberta para presentar as conclusións do proceso 'Lingua Vital'. O documento propón fomentar un galego de calidade, a súa normalización en todos os servizos públicos, instauralo como vehicular no ensino ou a derrogación do decreto do plurlingüismo
Máis de 35.000 consultas suspendidas e máis hospitais sen 'peonadas' pola folga médica
Persoal do CHUS únese á protesta nos servizos dos hospitais de Vigo, Pontevedra e O Salnés, que rexeita levar a cabo esta actividade voluntaria fóra do seu horario habitual e que axuda a reducir as listas de espera.
O Mundial afástase da Coruña, que medita renunciar a ser sede
A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente do Deportivo, Juan Carlos Escotet, reúnense para determinar a viabilidade dun proxecto que leva meses estancado e sen novidades, a unha semana de que unha delegación da FIFA visite a cidade. "Tiña uns deberes e non se fixeron", alerta Louzán, presidente da Federación Española de Fútbol.
A segunda condena á CRTVG por represaliar persoal crítico: "Supón un antes e un despois"
A sentenza do TSXG contra a corporación dos medios públicos galegos amplía a protección de dereitos do cadro de profesionais alén dos conflitos laborais e esténdea ás protestas contra a manipulación: "Limita o poder absoluto que crían que tiñan". A agora denominada CSAG disponse a recorrer no Supremo
- Datos
- Economía
Traballadoras en Galicia: a metade do emprego pero moito máis precario e parcial
Galicia é, con Asturias, a comunidade onde as mulleres teñen máis peso no mercado laboral: supoñen o 49,3% das afiliacións á Seguridade Social, dous puntos por riba da media estatal. O 40% perciben uns ingresos inferiores ao SMI e máis do 75% dos traballos parciais son femininos.
Condenada a CRTVG por represaliar unha traballadora que participa en Defende a Galega
A muller foi cambiada de posto e o tribunal di que a dirección dos medios públicos "non aporta unha xustificación obxectiva e razoable que desvincule o cese dos indicios de represalia"
Galicia acouta as bebidas enerxéticas: entra en vigor a lei que as prohibe aos menores
Desde este sábado, o país convértese na primeira autonomía que equipara estes produtos ao alcohol e o vapeo ao tabaco, cunha norma que prevé aplicar tamén o Goberno de España. O consumo, posesión ou transporte destes refrescos estimulantes supón multas para a rapazada de entre 200 e 3.000 euros que poden subir a 15.000 para os adultos que llelos faciliten.
O Supremo condena a CRTVG por restrinxir os permisos para ir ao médico
O alto tribunal rexeita o recurso de casación da compañía contra unha sentenza da TSXG que xa lle advertira de que non podía poñer requisitos a maiores a quen optase por unha clínica privada. A corporación exixía ao persoal un xustificante médico que certificase que a súa atención estaba incluída na carteira de servizos públicos ou que non se podía realizar fóra do horario laboral, comprometendo ademais a protección de datos.
A Xunta gábase dos datos de emprego e paro que Tellado atribúe a "contos sanchistas" e "trolas"
Galicia sumou máis de 4.400 empregos no mes de febreiro, onde o paro rexistrado aumentou en 914 persoas. O secretario xeral do PP denuncia o "triunfalismo" do Goberno central ante unhas cifras das que presume o Executivo galego, que destaca a "tendencia positiva" do mercado laboral.
Mariscadoras e bateeiros piden axudas urxentes para "frear" a "destrución" do sector
As persistentes borrascas do inicio deste ano agravan a crise nas rías. "O ano 2023 deixounos na UCI e este ano acábanos de enterrar", advirten.
Altri e Pemex: o fracaso dos dous grandes proxectos industriais apadriñados por Feijóo
O agora presidente do PP negociou e impulsou grandes acordos da Xunta coa multinacional portuguesa e mais coa petroleira mexicana que acabaron fracasando. A fábrica de Palas vén de ser arquivada e a alianza coa empresa azteca, coa que prometera a construción de ata 20 barcos en estaleiros galegos, rematou nun cerco xudicial, sombras sen resolver e con Barreras quebrado.
Máis de 82.000 xabarís en Galicia malia cazarse 92.000 no último lustro
A Xunta estima ese número de exemplares de porcos bravos no país, unha das áreas de Europa con maior densidade de poboación da especie, a través dun censo baseado nos datos das capturas cinexéticas.