- Entrevista | María Xosé Porteiro As Letras de Begoña Caamaño
- Cultura
"O Vigo de Begoña Caamaño era unha cidade nova, socioloxicamente falando, que se estaba construíndo"
En Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía. De Vigo a Santiago (Galaxia), de María Xosé Porteiro achéganos unha das múltiples dimensións da homenaxeada nas Letras Galegas: a xornalista, sobre todo a que na década dos 80 se iniciou na profesión nun Vigo convulso e mobilizado. Falamos con ela sobre unha obra que percorre o traballo de Begoña Caamaño na radio e no xornalismo escrito e tamén o seu activismo profesional.