A Sega homenaxea a Begoña Caamaño por "desfacer o relato que os homes teceron sobre nosoutras"
A Plataforma de Crítica Literaria Feminista A Sega vén de elixila como a Señora das Letras na celebración que todos os anos realiza para destacar autoras que, en moitos caso, foron esquecidas nas conmemoracións oficiais. É a primeira vez que coinciden no mesmo ano a figura protagonista do Día das Letras Galegas e do Día das Galegas nas Letras