Esixencia de contas e cesamento ao conselleiro de Emprego polos migrantes sen papeis na adega da familia
José González admite que persoal inmigrante en situación administrativa irregular traballou na vendima para a empresa da súa familia, á que atribúe o "erro" de "confiar" en que o persoal chegado a través dunha ETT tiña os papeis en regra, pero "usurparan a identidade", defende. O BNG reclama a súa saída do cargo pola "indecencia" coñecida, o PSdeG pregúntase "se non será esta a inmigración que quere o PP, sen papeis e sen dereitos" e ambas forzas lembran as irregularidades urbanísticas do mesmo grupo empresarial