As adegas cova de Seadur, un tesouro patrimonial que medrou como resposta á praga da filoxera
A Xunta declara Ben de Interese Cultural o conxunto de 81 covas construídas nesta localidade de Larouco, "exemplo dos xeitos de vida tradicionais e das relacións entre as xentes e os seus medios de produción" e da cultura do viño en Valdeorras. Na actualidade manteñen a súa actividade e constitúen tamén un espazo de encontro social, familiar e veciñal.