
O mosteiro de San Pedro de Rocas, en risco de sufrir "danos irreversibles" pola ampliación dunha estrada
A pasada semana a Deputación de Ourense comezou uns traballos que buscan facilitar o tránsito de grandes autobuses pero que poden destruír un cento de árbores e elementos patrimoniais protexidos na contorna do cenobio. A Fundación Moreiras denunciou a José Manuel Baltar por unha actuación que foi autorizada recentemente pola nova delegada territorial da Consellería de Cultura, próxima ao presidente provincial