Unha avaría eléctrica que estragou un tren, orixe das demoras ferroviarias que Adif prevé ata o venres
O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias admite que o fallo na infraestrutura "provocou a avaría" no tren Avlo. Cando o deron retirado das vías comezaron os labores de reparación, que se estenderon "toda a noite". Do Irixo a Santiago os trens xa circulan por vía dobre pero de Ourense ao Irixo aínda o teñen que facer por vía única, polo que Renfe estima demoras de cando menos 20 minutos en todos os servizos durante este xoves