Lugo

  • "O Padroado de Protección á Muller foi unha institución de control social e moral das rapazas"

    Lugo acolleu este xoves a xornada A represión das mulleres. O Patronato de Protección a la Mujer, unha iniciativa da Deputación de Lugo e a Fundación Luis Tilve na que interviron Montse Fajardo, Tamara López Fernández -coas que falamos- e Silvia Fernández Quinteiro. Milleiros de mozas pasaron durante a ditadura e ata o ano 1985 polos centros asociados a esta institución, xestionados en moitos casos por ordes relixiosas.

  • PP e PSdeG lanzan á calor do polbo a carreira do desputado escano lucense para o 29N

    En catro das dez xerais nas que a provincia de Lugo repartiu catro escanos, tres foron para os populares. Os socialistas apelan a todo o electorado "que se sinta progresista" para volver ao 2-2 o 29 de novembro. Rueda e Candia chaman aos seus a "ter a maquinaria engraxada" para reeditar na provincia a súa ampla vitoria de 2023 nun evento ao que a tránsfuga Reigosa acudiu como parte da "familia" do partido. Besteiro advirte a "todo o mundo que queira parar á dereita e á ultradereita" de que en circunscricións como a de Lugo "a papeleta que serve é a do Partido Socialista" 

  • Expediente a Candia por utilizar o Concello de Lugo contra a esquerda en período electoral

    A Xunta Electoral de Zona abre proceso sancionador contra a actual alcaldesa lucense por contravir a lei cunha visita ás obras dun aparcadoiro e o comunicado oficial posterior, no que se gabou da súa xestión e atacou o goberno de PSdeG e BNG na cidade, tombado o pasado maio pola moción de censura do PP cunha edil tránsfuga . A XEZ coida que foi "contraria á debida neutralidade", ordena retirar a nota do web do Concello e insta a Candia a "absterse de levar a cabo actos similares" ata despois das xerais. O PSdeG local ve "confirmado" que "utiliza o Concello como unha extensión do PP