Chamadas á innovación nas políticas públicas de vivenda e á "desmercantilización" n'O Encontro de 'DemocraZia con Z'
"Co turismo, cos peregrinos... Non digo que nos queiran expulsar, pero nos están expulsando de Santiago", afirmou este sábado Rita Bello, educadora social, no debate sobre vivenda que centrou as actividades de O Encontro, promovido por DemocraZia con Z, unha iniciativa impulsada en todo o Estado polo Consejo de la Juventud de España e o Comisionado para a Celebración dos 50 anos de España en liberdade.