Debullar a Margarita Ledo: unha xornada única coa xornalista e cineasta no Consello da Cultura
"No feito está inscrita a experiencia da mirada. O punto de vista que sabe das palabras, pero tamén dos corpos e dos afectos. Escrita, cine e política da experiencia". Así sintetiza o CCG a traxectoria de Margarita Ledo, á que homenaxean este xoves coa xornada aberta 'O punto de vista involucrado no feito'