"Cando tanta pantalla acabe por saturarnos, o teatro, coa sinxeleza do presente e do físico, seguirá aí"
No décimo aniversario do pasamento de Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego regresa aos escenarios nunha nova versión da man de Cándido Pazó. A obra conta cun elenco formado por Xúlio Abonjo, Mónica García, Santi Romay, Manuel Cortés, Ana Santos, Federico Pérez Rey e Iris Darriba, e coa música orixinal de Xosé Lois Romero