O 14 e 15 de novembro Compostela acolle as xornadas ‘A crise habitacional’, un foro organizado pola área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña que busca xerar un espazo de debate arredor do problema de vivenda dende múltiples perspectivas
O 14 e 15 de novembro Compostela acolle as xornadas ‘A crise habitacional’, un foro organizado pola área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña que busca xerar un espazo de debate arredor do problema de vivenda dende múltiples perspectivas.
O programa inclúe seis mesas temáticas nas que intervirán profesionais especializadas e un espazo de debate con axentes sociais. “Trátase de valorar as diferentes situacións, dando voz a múltiples colectivos sociais e axentes implicados, e buscando solucións, tanto a nivel estratéxico como en accións políticas concretas a nivel local e supramunicipal”, explica Fiz Seixo, da empresa Taller de Estratexias, coordinadora das xornadas.
O obxectivo é "abordar un problema complexo a través de alternativas baseadas no diálogo, que poñan de manifesto as diferenzas e similitudes entre os distintos colectivos sociais e os distintos territorios, dende as cidades aos concellos con menor número de habitantes”, explica a deputada de Dereitos Civís e Igualdade, Sol Agra.
“O dereito a unha vivenda aparece recollido na Constitución pero estase convertendo nun dos maiores problemas sociais do noso país”, lembra a deputada de Dereitos Civís e Igualdade, Sol Agra
“O dereito a unha vivenda aparece recollido na Constitución pero estase convertendo nun dos maiores problemas sociais do noso país”, lembra a deputada. “Hai uns anos pensábase nun problema centrado nas cidades, pero a situación estase xeneralizando a moitas zonas do rural e afecta a maioría dos perfís sociais, pero sobre todo á xente máis vulnerable, precisamos analizar as causas pero sobre todo buscar solucións”, engade.
A Deputación destaca que facelo baixo o paraugas desta administración "permítenos afrontar a cuestión dende unha escala moi necesaria, a supralocal, traballando as diferenzas e similitudes entre as diferentes entidades do noso territorio". No programa destaca a presenza de dous dos responsables da política de vivenda do goberno navarro, un dos referentes neste ámbito no Estado pola súa política a prol do desenvolvemento da vivenda pública: Elga Molina Roig, directora xeral de Vivenda Goberno de Navarra, e Javier Burón Cuadrado, director e xerente de Navarra de Suelo y Vivienda S.A.U.-NASUVINSA.
No programa destaca a presenza de dous dos responsables da política de vivenda do goberno navarro, un dos referentes neste ámbito no Estado pola súa política de desenvolvemento da vivenda pública
No programa destaca a presenza de dous dos responsables da política de vivenda do goberno navarro, un dos referentes neste ámbito no Estado pola súa política de control do prezo dos alugueiros a través da declaración de zonas tensionadas e a prol do desenvolvemento da vivenda pública: Elga Molina Roig, directora xeral de Vivenda Goberno de Navarra, e Javier Burón Cuadrado, director e xerente de Navarra de Suelo y Vivienda S.A.U.-NASUVINSA.
A Deputación da Coruña convida a todas as persoas interesadas a participar neste foro cidadá que será aberto ao público, previa inscrición na páxina web www.crisehabitacionalcoruna.org, onde tamén se pode consultar toda a información das xornadas. O foro, que comeza o venres ás catro da tarde, celébrase no Museo das Peregrinacións.
Programa de mesas
- Mesa 1 (venres 14, ás 16.30 horas): ‘Acceso á vivenda para persoas en situación de vulnerabilidade social ou irregular, e infravivienda’. Ana Pardo Fernández, directora en Galicia de Provivienda e Presidenta de EAPN-Galicia, Rede Galega contra a Pobreza.
- Mesa 2 (venres 14, ás 19 horas): ‘A vivenda turística (VUT)’. Coa xeógrafa María José Piñeira Mantiñan, do Grupo ANTE. Modera Roi García Camba, arquitecto en PlanificaciónTec.
- Mesa 3 (sábado 15, ás 9.30 horas): ‘O mercado da vivienda’. Con Javier Burón Cuadrado, director e xerente de Navarra de Suelo y Vivienda S.A.U.-NASUVINSA. Modera a arquitecta Laura Pato (Le Petit Patito).
- Mesa 4 (sábado 15, ás 15 horas): ‘Modelos de vivenda pública’. Con Josep María Borell, de Promoción y Gestión de Suelo AMB-IMPSOL Barcelona. Modera Alberte Mera, xornalista do NÓS Diario.
- Mesa 5 (sábado 15, ás 16 horas): ‘Colaboración público-privada na xestión do solo e a promoción de vivenda accesible’. Elga Molina Roig, directora xeral de Vivenda do Goberno de Navarra. Modera Yolanda Larrubia García de Promoción y Gestión de Suelo AMB-IMPSOL Barcelona.
- Mesa 6 (sábado 15, ás 18.30 horas): ‘Outros modelos de habitar/tenencia. Alternativas. Cooperativas de vivienda’. Con Mikel Pau Casado Buesa e Antonio Reboredo Raposo, arquitectos no Colectivo El Tinglao.