'Falamos de Memoria', no Portiño para recuperar a historia das fuxidas por mar e o intento de evasión de 1937
O quinto episodio da serie da Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade trasládase aos cantís baixo o Monte de San Pedro para abordar as redes clandestinas de fuxida por mar tras o golpe e e a tentativa frustrada en marzo de 1937, así como a transformación do lugar. Os investigadores Dionisio Pereira, Emilio Grandío e Inés Merayo explican a importancia do anarcosindicalismo coruñés, o papel dos mariñeiros e das mulleres anarquistas nos primeiros instantes do golpe e o clima de persecución na cidade en 1937. Co escultor Pepe Galán coñecemos a intervención artística do monumento ás vítimas do Portiño
Galicia volve plantar liño: 11 explotacións piloto recuperan este cultivo tradicional
Trátase dun proxecto da Iniciativa galega polo Liño da Fundación Adolfo Domínguez, en colaboración coa Xunta e o CSIC. As plantacións realízanse en Guísamo (Bergondo), Mabegondo (Abegondo) e Salcedo (Pontevedra) en centros especializados de investigación. Espérase dispor dos primeiros resultados en novembro para determinar as variedades que mellor respondan.
Un ex-alcalde da Pobra e a líder de Sumar en Vigo encabezan as listas da Fronte Ampla na Coruña e Pontevedra
No Senado confírmase unha coalición co PSOE nunha lista única denominada Senado de Progreso que tamén contará con representación da Fronte Ampla
Pontón pide concentrar no BNG o "voto de orgullo de país" para impulsar "políticas valentes" no Estado
A portavoz nacional do Bloque reivindica o traballo da formación nacionalista en Madrid e contrapono ás "políticas mornas" do goberno de España e a un bipartidismo que asegura que mantén "a discriminación e o agravio" con Galicia.
Lula vence a Bolsonaro nunha histórica virada fronte á internacional reaccionaria
O presidente brasileiro encarará o seu cuarto mandato tras imporse co 51,8% dos votos ao fillo do ex-presidente golpista Bolsonaro, pero tamén (se cadra, sobre todo), á internacional reaccionaria que ten nos EUA de Trump e os seus mandatarios afíns e nos tecnoligarcas que os amparan os seus máximos expoñentes
Galiza Nova denuncia a "represión policial" e reclama a derrogación da Lei Mordaza
A organización xuvenil nacionalista levou a cabo esta mañá concentracións nas sete cidades. Nas mobilizacións deste domingo non houbo incidente ningún, o que para Artai Gabiás, secretario xeral de Galiza Nova, é unha mostra de que "cando a policía non intervén non hai problemas".
Preséntase o comité de folga da Coruña para "dar apoio" á convocatoria do 11N
No comité municipal de folga participan sindicatos, colectivos de vivenda, entidades xuvenís e outras asociacións de todo tipo. No acto presentáronse dúas ferramentas de difusión e organización: a páxina web do paro xeral e a aplicación Toka.
O BNG presenta as súas listas para o 29N na procura de "máis forza en Madrid"
O Consello Nacional do BNG aprobou este sábado as súas candidaturas para as eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro nas catro circunscricións galegas. Néstor Rego, Carme da Silva, Ollala Rodil e Noa Presas encabezan as listas para o Congreso.
Agustín Fernández Paz xa dá nome á biblioteca municipal de Vilalba
Mariña Fernández, filla do escritor, foi a encargada de descubrir a placa nun acto celebrado polo Concello en colaboración co Instituto de Estudos Chairegos, que inaugurou tamén a iniciativa Miradas sobre Agustín 2026-2027. Paco Martín leu un manifesto a prol do recoñecemento da traxectoria de Agustín Fernández Paz coas Letras Galegas de 2028.
As comunidades de montes galegas, recoñecidas como exemplo internacional na COP17 da ONU
Un informe da Conferencia da ONU sobre Biodiversidade, que recolle un total de 56 estudos de caso liderados por comunidades de todo o mundo, destaca os proxectos centrados na gobernanza colectiva e na restauración ecolóxica das entidades locais galegas.
Condena á CSAG no Supremo por nomear tribunais de selección de persoal sen contar cos sindicatos
O TS conclúe que a antiga CRTVG vulnerou "o dereito fundamental á liberdade sindical" da CUT por non cumprir a negociación que fixa o convenio colectivo para elixir as persoas que deciden nos procesos de ampliación de listas de contratación. A sentenza "declara a nulidade dos actos da Corporación" nestes procesos porque elixiu os tribunais de maneira "unilateral" e ordena indemnizar o sindicato con 7.501 euros
Milleiros de antifascistas na Coruña contra Abascal
A mobilización contra o fascismo, que acabou sendo obxecto de cargas policiais, leva milleiros de persoas á praza de María Pita en repulsa por un acto do líder de Vox, que acusa os manifestantes de "violencia e coacción" e de ser "cómplices de Sánchez".