Maxia ou ciencia?
A Illa de San Simón acolle até o 10 de maio a segunda edición de Neuromagic, un cumio mundial de neurocientíficos e magos para analizar os mecanismos de atención da mente a través dos trucos dos ilusionistas. O Auditorio A Xunqueira de Redondela acolle este mércores unha conferencia-espectáculo de entrada libre.
Comeza a conta atrás: Dez días para o Reperkusión
O festival, que celebra o seu décimo aniversario, ofrecerá do 17 ao 19 de maio na Cidade dos Muchachos de Bemposta dous concertos de Manu Chao, pero presenta outros moitos atractivos: as actuacións de Os 3 Trebóns, Festicultores Troupe, Terbutalina e os espectaculares directos de Kiril Dzajkovski (Macedonia), Dubioza Kolektiv (Bosnia) e Bohemian Betyars (Hungría).
ADEGA denuncia que a Xunta gastou dende xaneiro 42 millóns no vertedoiro de Areosa
Esta cantidade supón o 70% de todos os gastos xerados por SOGAMA, segundo a organización ecoloxista, que afirma que isto vén refrendar "o fracaso do modelo baseado na incineración, un buraco negro ambiental e económico que en 2011 xa devorou 253 millóns de euros"
A fogueira das vaidades
Praza Pública
Todas as desfeitas do país, nunha soa ollada
A Rede de Dereitos Sociais e Galiza non se vende publican o mapa crítico de Galiza 2012, un traballo colaborativo de denuncia e oposición á destrución do territorio que a través dunha completa infografía, amosa os lugares afectados por contaminación, encoros, parques eólicos, especulación urbanística, piscifactorías, asentamentos precarios, monocultivos ou transxénicos.
Causa Galiza chama a defender a "soberanía" no 1 de maio
A plataforma independentista manifesta o seu apoio ao sindicalismo nacionalista contra as "medidas antisociais que se aplican dende Madrid e Bruxelas" e como defensa "da maioría social"
"Galicia quere información de proximidade en galego, mass media que no século XXI difundan e prestixien o idioma"
Música e poesía festexaron as Vitaminas para o galego este venres en Compostela.
Pallasos en Rebeldía participa no IX Festival de Cine do Sahara
A delegación, encabezada por Iván Prado, director de Festiclown Palestina, realizará espectáculos de maxia, clown e malabares acompañando a programación do festival, que comeza o 1 de maio no campamento de refuxiados de Dajla.
A Plataforma contra as Fumigacións concéntrase en Melide malia a prohibición da súa manifestación
Os colectivos que fan parte da plataforma participaron nunha foliada e informaron os cidadáns melidenses sobre os perigos que podería supoñer para moitas especias, coma as abellas, para os depósitos de auga e para a propia saúde das persoas, a fumigación dos eucaliptos con Flufexonuron
O Movemento 15M convida outros colectivos a unírense nas manifestacións do 12 de maio
As marchas, que se celebrarán dentro de dúas semanas en todo o planeta, coinciden co primeiro aniversario das mobilizacións dos indignados e indignadas en España. Pedirase unha reforma fiscal, dereito a unha vivenda digna, retirada da reforma laboral, renda social básica e educación, sanidade e servizos sociais públicos, gratuítos, de calidade e laicos.
A hora da verdade para o deporte galego
Fútbol, baloncesto, balonmán e hóquei a patíns. Galicia xógase nos vindeiros días a permanencia ou volta á elite dos representantes dalgúns dos deportes máis populares no país. Este venres o Ourense Baloncesto empatou a súa eliminatoria no play-off de ascenso á LEB Ouro, mentres que a derrota do Leyma Coruña deixou o equipo sen opcións. Así está a cousa.
O Goberno prohibe a manifestación convocada en Melide contra as fumigacións
A plataforma renuncia a facer a marcha, pero mantén a convocatoria da foliada reivindicativa, que terá lugar ás once da mañá na Praza do Convento da vila.