Condenado un militar por vender desde Narón 5.000 pastillas abortivas
O home empregaba receitas do Instituto Social das Forzas Armadas (Isfas) para vender por internet os comprimidos entre 10 e 20 euros e obter entre 50.000 e 100.000 euros de ingresos
Baena e Sánchez-Bravo, lembrados para sempre en Vigo e o asasinato de Reboiras, á querela arxentina
Dous dos cinco últimos fusilados polo franquismo serán homenaxeados polo Concello, que prevé tamén dedicarlle cadansúas rúas. A familia do militante nacionalista asasinado pola policía franquista incorpora o seu caso á demanda en Bos Aires contra os crimes da ditadura.
FIGA 2026: distribución, promoción e audiencias, así camiña un produto audiovisual
Na cuarta edición do Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA), a Academia Galega do Audiovisual programa en outubro e novembro tres talleres centrados en comunicación e promoción, desenvolvemento de audiencias e distribución, impartidos por profesionais de ampla experiencia no sector.
A Xunta simula entrevistas de traballo con intelixencia artificial para adestrar persoas desempregadas
A Consellería de Emprego tamén facilita a demandantes de emprego a elaboración de currículos con IA
'Falamos de Memoria' percorre a historia da Silva e o seu pasado obreiro e libertario
Este episodio da serie producida pola Fundación Praza Pública co apoio de 50 en Liberdade recupera a historia dos ateneos libertarios da Silva, das súas escolas laicas e da intensa actividade política e sindical que quedou no albo da represión tras o golpe do 36 contra persoas coma o canteiro anarquista José Boedo, pai de Pucho. Tamén da resistencia das mulleres como Maruxa Seijas

Vigo únese ás acampadas de Compostela e Pontevedra pola vivenda
Varios mozos e mozas acampan desde este luns na Alameda demandando solucións á crise habitacional e en apoio á folga xeral. A protesta viguesa únese á que leva todo o mes en Santiago e varios días na veciña cidade pontevedresa.
A pobreza e a exclusión social infantil aumentan en Galicia
Aínda que a situación en Galicia segue a ser moito mellor que a que se rexistra no resto do Estado o empeoramento dos datos no último ano significa que 68.000 nenos, nenas e adolescentes viven en Galicia en risco de pobreza ou exclusión social, 10.000 máis que o ano anterior.
O Rosal, A Guarda e Caminha inician o proxecto para a Eurocidade da Foz do Minho
Os tres concellos presentaron o vídeo oficial da iniciativa, destacando o río Miño como eixo de unión e non como barreira fronteiriza. Con apoio de fondos FEDER da Unión Europea, o programa traballará ata 2028 na creación das estruturas comúns e na dinamización social e económica do territorio.
Múltiples mostras de afecto e valoración da súa figura histórica tras o pasamento de Beiras
Os principais líderes políticos e figuras da sociedade galega están a amosar o seu pesar pola morte do político e intelectual, que será despedido este venres no Museo do Pobo Galego
Galicia é a autonomía con maior gasto farmacéutico sobre o total sanitario
O Consello de Contas critica que o Sergas veña orzamentando de xeito reiterado menos fondos dos que precisa cada ano para medicamentos
O Proxecto Nós presenta unha ferramenta para avaliar o galego na IA
Arena Nós busca avaliar o nivel de representación da cultura galega nos grandes modelos de linguaxe, así como comparar a súa capacidade de producir texto e voz na nosa lingua. A pioneira ferramenta foi presentada nun acto organizado por Google no Parlamento europeo con motivo do Día Europeo das Linguas.
'Falamos de Memoria' entra na Casa Museo Casares Quiroga para recuperar a historia do republicanismo coruñés
O segundo episodio da serie producida pola Fundación Praza Pública co apoio de 50 en Liberdade percorre a Casa Museo Casares Quiroga para abordar a súa traxectoria política e persoal, as consecuencias do golpe de 1936 e a represión que sufriu a súa familia. O capítulo conta con catro testemuños de persoas vencelladas á investigación histórica e á memoria da familia Casares: Xosé Alfeirán, Pilar Mera, Emilio Grandío e María Lopo
