O venres 27 e o sábado 28 Bruxelas volverá falar en galego, cun cartel no que destaca a presenza, de novo, de The Rapants, ademais de Baiuca, Ortiga e Sabela
O Emigrason naceu no ano 2023 grazas ao impulso dun grupo de galegas e galegos (Karan Novo, Gara López, Mateo González, Cristina Amosa e María Dios) emigrados en Bruxelas. Durante meses traballaron para levar á capital belga artistas e bandas galegas para actuar nun festival de pequeno formato dedicado sobre todo á importante comunidade galega que reside na cidade, o o EmigraSon.
O evento, que contou co apoio dos eurodeputados Ana Miranda e Nicolás González Casares foi un completo éxito, cun cartel de auténtico luxo (The Rapants, Fillas de Cassandra, Berto, Familia Caamagno e Filloas). No ano 2024 o EmigraSon medrou en dimensión, de novo cun cartel de primeira división -The Rapants, Grande Amore, Lontreira, Ataque Escampe, Catuxa Salom- e con máis actividades paralelas. E hai uns meses Tanxugueiras, Fillas de Cassandra, Terbutalina e De Ninghures elevaron aínda máis o listón, cunha terceira edición de máximo nivel.
Ademais, o día anterior La Tricoterie acollerá outra xornada de música con Paloma Paloma, Fer e 9Louro, ademais dunha foliada con ACG A Roda e Irmandade Galega na Suíza e os picadiscos da Duendeneta
O EmigraSon regresa agora cunha cuarta edición que xa ten datas e protagonistas. O venres 27 e o sábado 28 Bruxelas volverá falar en galego, cun cartel no que destaca a presenza, de novo, de The Rapants, ademais de Baiuca, Ortiga e Sabela, que actuarán en La Madeleine, un espazo de maiores dimensións que xa acolleu os concertos principais da última edición para dar cabida a un público cada ano máis numeroso.
Ademais, o día anterior La Tricoterie acollerá outra xornada de música con Paloma Paloma, Fer e 9Louro, ademais dunha foliada con ACG A Roda e Irmandade Galega na Suíza e os picadiscos da Duendeneta.
"Prepárate para dúas noites inesquecibles de música, cultura, comunidade e moita festa no corazón de Europa", destacan dende a organización
As entradas poderán mercarse a partir do 24 de novembro. Os billetes para cada unha das súas xornadas venderanse por separado a través de dúas aplicacións distintas. "Prepárate para dúas noites inesquecibles de música, cultura, comunidade e moita festa no corazón de Europa", destacan dende a organización, que preparou con detalle unha cuarta edición do festival que nesta ocasión conta cun fermoso cartaz deseñado por Pruden Tattoo e Lúa Lomo.