Ordenadores con software libre para alumnado sen acceso á tecnoloxía en Melide
O Concello de Melide e a asociación MeLiSA asinan un convenio para achegar os dispositivos. Os Servizos Sociais identificarán as familias destinatarias atendendo á súa situación socioeconómica e ás necesidades existentes e MeLiSA proporcionará os ordenadores con software libre instalado e ofrecerá formación, acompañamento, mantemento e soporte técnico