Ondas e Partículas: a aposta do Revenidas pola "emoción de facer e entender a ciencia"

Imaxe do estazo 'Ondas e Partículas' do festival Revenidas © Revenidas

O Revenidas incorpora un novo espazo dedicado á divulgación científica, unha aposta orixinal e pouco habitual en eventos musicais coma este: o escenario Ondas e Partículas

O Revenidas é, en esencia, un festival de música, unha das últimas citas do verán, que en certa forma pecha a tempada estival. Este ano, entre o xoves 10 e o domingo 13 pasarán por Vilaxoán de Arousa La Gossa Sorda, Evaristo, El Drogas, Bob Vylan, The Rapants, Dakidarría ou Fillas de Cassandra. Así leva sendo máis de dúas décadas: a vila acolle todos os anos unha programación variada e de nivel, á que se suman outras e citas, como a ineludible sardiñada do domingo, a gala de circo solidario ou actividades infantís.

Este ano, ademais, incorpora un novo espazo dedicado á divulgación científica, unha aposta orixinal e pouco habitual en eventos musicais coma este: o escenario Ondas e Partículas. Trátase dun proxecto promovido polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), co apoio da fundación de Ciencia e Sociedade do CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear), e da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT)

O persoal do IGFAE xa participou en 2024 e 2025 nesta iniciativa, coa presenza de Jose Edelstein © USC

Esta iniciativa achega desde 2016 achega a divulgación científica a festivais musicais de todo o mundo. A das Revenidas será a única parada este ano na península ibérica do CERN Festival Programme

Esta iniciativa achega desde 2016 achega a divulgación científica a festivais musicais de todo o mundo. Neste 2026, cando cumpre 10 anos, terá escenarios no Reino Unido, a República Checa, Dinamarca, Alemaña e o festival organizado en Texas (Estados Unidos) polo lendario músico Willie Nelson. A das Revenidas será a única parada este ano na península ibérica do CERN Festival Programme. 

O cartel científico das Revenidas estará composto por nomes como Eduardo Sáenz de Cabezón, Verónica Bolón, Paula Desiré, Jose Edelstein ou Adrián García (“El Físico Barbudo). Polo escenario “Ondas e partículas” tamén pasarán algúns dos artistas que formarán parte do elenco musical das Revenidas neste 2026. 

 

O cartel científico das Revenidas estará composto por nomes como Eduardo Sáenz de Cabezón, Verónica Bolón, Paula Desiré, Jose Edelstein ou Adrián García (“El Físico Barbudo). Polo escenario “Ondas e partículas” tamén pasarán algúns dos artistas que formarán parte do elenco musical das Revenidas neste 2026

Haberá tamén espazo para participar dunha forma práctica e interactiva, con obradoiros especiais para construír (e levar para a casa), cargadores solares, observar unha cámara de néboa e incluso probar xeados feitos de nitróxeno líquido.

Ondas e Partículas contará cunha carpa propia no recinto do festival no que durante os catro días se desenvolverán talleres e charlas sobre cuestións físicas, outras nas que a ciencia se relaciona coa música e sobre temas de divulgación como o mar de ardora, a eclipse ou as mareas vermellas

Na presentación da iniciativa, que tivo lugar o pasado mes de xuño, o director do IGFAE, Carlos Salgado, destacou que “a ciencia e a arte son actividades que comparten moitas similitudes

O IGFAE tamén estivo presente no CERN Festival Programme en 2025 con Cristina Cabo e Yassid Ayyad © Rototom Sunsplash

Haberá tamén espazo para participar dunha forma práctica e interactiva, con obradoiros especiais para construír (e levar para a casa), cargadores solares, observar unha cámara de néboa e incluso probar xeados feitos de nitróxeno líquido

"Con esta iniciativa, alén de dar a coñecer diversos temas científicos ás persoas que asisten ao Revenidas, pretendemos transmitir tamén a emoción de facer e entender a ciencia, e como este entendemento nos conecta cunha realidade complexa e fascinante, da que a música do festival é tamén bo exemplo”, engadiu Salgado.

Connie Potter, directora do CERN Festival Programme, engadiu que “España é un socio moi importante para o CERN e é un auténtico pracer para nós colaborar co Festival Revenidas neste ano no que celebramos o noso 10º aniversario. O público en España sempre participa moito nos nosos eventos, volvendo cada día dos festivais, e sempre está cheo de preguntas e curiosidade. É unha alegría estar aí para eles, e con eles”.

"Poder achegar a divulgación científica ao público do festival da man do IGFAE encaixa perfectamente cos valores que o Revenidas leva promovendo desde hai máis de vinte anos”, di Xoán Quintáns, director do Revenidas

Por parte do Revenidas, o seu director, Xoán Quintáns, subliñou que “é un orgullo para o Revenidas colaborar cunha institución do prestixio internacional do CERN e converterse no primeiro festival de Galicia en participar nesta iniciativa. Sempre defendemos a importancia do investimento en ciencia, investigación e coñecemento como bases fundamentais para construír unha sociedade mellor e máis igualitaria". 

"Poder achegar a divulgación científica ao público do festival da man do IGFAE encaixa perfectamente cos valores que o Revenidas leva promovendo desde hai máis de vinte anos”, engade Quintáns

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.