Unha ducia de concertos (e máis) do festival Revenidas
Chega unha nova edición do festival Revenidas, unha das citas musicais máis importantes do verán galego e que, en certa forma, pon o peche á estación estival. Entre o xoves 10 e o domingo 13 de setembro Vilaxoán de Arousa acolle catro días de concertos e moito máis: a tradicional sardiñada popular, circo solidario e este ano o pioneiro escenario Ondas e Partículas, un espazo dedicado á divulgación científica. E, por suposto, moita música: La Gossa Sorda, Evaristo, El Drogas, Bob Vylan, The Rapants, Dakidarría, Fillas de Cassandra...
-
01
De Ninghures
O festival arrincará o xoves 10 coas presenza nesta primeira xornada de Narco, Sara Hebe, De Ninghures, Sons of Aguirre & Scila, Nadie González, Süne, El Pony Pisador, Yaya Dj e A Duendeneta.
En marzo De Ninghures publicaron esta colabo con Galician Army: "Regueifa Maldita", tralla nova para as moitas persoas que teñen fame de novidades dunha banda que moito nos sorprendeu o pasado ano.
Aquí podes consultar toda a programación
-
02
Bob Vylan
O venres 11 será a quenda de Evaristo, Bob Vylan, Dakidarría, Ilan Amores, La Sra.Tomasa, Matah, Terrae, The Salsa Punk Orkestra, Arrhythmia e A Duendeneta.
Bob Vylan fusiona hardcore, hip hop e punk en cancións cargadas de contido antirracista, contra o establishment ou que denuncian o xenocidio israelí contra o pobo palestino.
-
03
Evaristo
O concerto máis destacado desta segunda xorada será probablemente o que ofreza Evaristo Páramos, vocalista de La Polla Records e que na actualidade integra tamén a formación Tropa do Carallo.
-
04
Dakidarría
Tamén actuarán o venres os Dakidarria, que levarán ao escenario a súa longa traxectoria de máis de vinte anos, con temas como este "Ate o abrente"
-
05
La Gossa Sorda
A terceira xornada do festival, a do sábado 12 reunirá a La Gossa Sorda, El Drogas, Fillas De Cassandra, The Rapants, Taqbir, Rebeliom do Inframundo, Kumbia Queers, Malifeta, 9Louro, Awakate, Maloa Brothers, Queen Rendi, Tapa De Orella e A Duendeneta.
Os cataláns La Gossa Sorda, tras dez anos retirados dos escenarios, reuníronse de novo para realizar unha única xira neste 2026, unha xira que terá a súa única escala en Galicia no Revenidas.
-
06
El Drogas
Despois da xira coa que celebrou o 40 aniversario da fundación de Barricada, El Drogas (Enrique Villarreal) chega ao Revenidas para presentar un concerto no que percorre os himnos de toda a súa carreira, dende os tempos de barricada ou Txarrena ata os da súa actual etapa en solitario.
-
07
Fillas de Cassandra
Haberá moita e moi boa música do país na terceira xornada do Revenidas. Fillas de Cassandra presentaron o pasado mes de abril Tertúlia, o seu segundo longo, un traballo moi agardado e que o dúo vigués realizou con moito mimo.
-
08
The Rapants
The Rapants, presentarán en Vilaxoán o seu arroiador directo da xira Rapants Club. Son a banda galega do momento, como o veñen demostrando nos últimos meses nos seus multitudinarios concertos.
-
09Ondas e partículas
Este ano, e por primeira vez en Galicia, o Revenidas incorpora unha nova experiencia ao festival: o Escenario ‘Ondas e Partículas’.Trátase dun espazo dedicado á divulgación científica que se poderá gozar de balde durante os catro días do festival de Vilaxoán.
O Escenario ‘Ondas e Partículas’ forma parte do programa de festivais do CERN e chega por primeira vez a Galicia da man do IGFAE, o FECYT Ciencia e innovación e a CERN and Society Foundation.
Ademais, de obradoiros, daberá charlas en directo con figuras da divulgación científica galega e estatal como Eduardo Sáenz de Cabezón, Verónica Bolón, Paula Desiré, Jose Edelstein e Adrián García
-
10Gala de Circo Solidario
O Revenidas pecharase o domingo 13 coa tradicional sardiñada popular ao mediodía, a Gala de Circo Solidaria e as actuacións de Mekanika Rolling Band, As do Xeito, De Vacas e Lisdexia.
-
11Sardiñada
As sardiñas dan nome a este festival dende hai máis de vinte anos e a tradicional sardiñada popular é un dos momentos máis bonitos de cada edición. Unhas horas para recuperar folgos despois de tres días de concertos.
-
12
Lisdexia
A música chega ata o domingo con catro concertos máis (estes de balde) cos que o Revenidas dirá "ata logo", xa coa cabeza na edición 2027.
Aquí podes mercar as entradas