Marcos Pérez Pena

Unha ducia de cousas que pasaron ou van pasar en novembro

Moitas cousas pasaron en novembro e máis que van pasar nunhas semanas marcadas pola folga xeral do 11N e polas eleccións xerais do día 29. Naufraxios, falecementos, estreas cinematográficas e outros fitos históricos que lembramos nesta ducia do mes de San Martiño.

  1. 03

    7 de novembro. 20 anos da primeira vez que se falou galego nun Consello da UE

    Dous días máis tarde celébrase outra efeméride significativa relacionada coa lingua galega. O 7 de novembro de 2006 o daquela conselleiro de Traballo, o socialista Ricardo Varela, convertíase na primeira persoa en falar galego nun Consello de Ministros da Unión Europea. Adiantábase por seis días ao vicepresidente nacionalista Anxo Quintana e daba comezo así un xa longo listado de participacións de Galicia nun dos máximos órganos de debate e decisión da UE.

  2. 04

    9 de novembro. Aniversario da Caída do Muro de Berlín

    A nivel internacional, un dos eventos máis importantes que tiveron lugar en novembro foi a caída do Muro de Berlín, o 9 de novembro de 1989, en plena descomposición da RDA (un ano máis tarde produciríase a reunificación alemá) e do conxunto do bloque socialista.

  3. 05

    10 de novembro. Aniversario do naufraxio do 'Serpent' na Costa da Morte

    O 10 de novembro de 1890 tivo lugar un dos naufraxios máis importantes da costa galega, cando o HMS Serpent, un buque militar británico, bateu nos baixos de Punta Boi, preto do cabo Vilán. Durante días os cadáveres dos 172 mariñeiros foron chegando ao litoral, onde nos días seguintes foron soterrados no actual Cemiterio dos Ingleses. Só houbo tres superviventes, que levaban algúns dos escasos chalecos salvavidas que había no barco, cuxo uso se xeneralizou nos anos seguintes.

    Unha ducia de naufraxios na historia da costa galega

  4. 07

    13 de novembro. Aniversario da catástrofe do Prestige

    O venres 13 de novembro é o primeiro día da campaña para as eleccións do 29N, pero é tamén o aniversario (23º) do inicio da catástrofe do Prestige, que o 13 de novembro de 2003 lanzou o seu primeiro sinal de socorro. Nos seis seguintes días percorreu 437 quilómetros fronte ás costas galegas, en distintas direccións, deixando un rastro de petróleo e mentiras.

    Este é o especial que publicamos hai tres anos, coincidindo co 20 aniversario. E este, o xogo xornalístico que realizamos, simulando unha conta de X que ía informando en directo dos sucesivos acontecementos ligados á crise ecolóxica e política.

  5. 08

    15 de novembro. Aniversario do Consello de Galiza

    O 15 de novembro de 1944 constituíuse en Montevideo o Consello de Galiza, o órgano político representante de Galicia no exilio. O seu primeiro presidente foi Castelao e entre os fundadores figuraron tamén Antón Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo e Elpidio Villaverde.

    O Consello de Galiza, Goberno galego no exilio

  6. 09

    19 de novembro. Derradeiro día para pedir o voto por correo

    Ata o 19 de novembro pódese formular a solicitude ante Correos -presencialmente nas oficinas ou na súa páxina web- para participar por esa vía o 29N. O prazo para o envío do voto permanecerá aberto ata o 25 de novembro. Para facelo hai que acudir presencialmente a Correos para entregar, nos sobres que recibiu a persoa, os sobres de votación ao Congreso e ao Senado coas papeletas que elixise e anexar ao envío a copia de inscrición no censo.

  7. 10

    20 de novembro. Aniversario da morte do ditador

    O 20 de novembro de 1975 morreu o ditador Francisco Franco. O seu pasamento abriu á porta ao proceso que devolveu a democracia a España e puxo fin a case catro décadas dun réxime brutal. O ano pasado, no 50 aniversario do óbito, falamos con Encarna Otero, Carlos Barros e Xesús Veiga.

    Voces galegas nos 50 anos do 20N: morreu na cama e a democracia chegou da rúa

  8. 11

    22 de novembro. 90 aniversario de Camilo Nogueira

    O 22 de novembro de 1936 naceu no barrio vigués de Lavadores Camilo Nogueira, que fai este mes 90 anos de idade. Este é o texto de homenaxe que publicamos hai catro anos cando recibiu a Medalla Castelao: Camilo Nogueira, o arquitecto da nación

    Na imaxe, Nogueira no acto celebrado no Museo do Pobo para despedir a Xosé Manuel Beiras.

  9. 12

    25 de novembro. 37 anos da estrea de 'Sempre Xonxa'

    O 25 de novembro de 1989 estreouse en Vigo Sempre Xonxa, o filme de Chano Piñeiro que marca o nacemento do cine galego contemporáno. En realidade, foi unha estrea tripla: durante tres días o cine Fraga de Vigo, no marco do encontro Cinegalicia, acolleu a estrea das tres primeiras longametraxes rodadas en lingua galega no formato comercial de 35mm: Continental (Xavier Villaverde), Urxa (Carlos López Piñeiro e Alfredo García Pinal) e a propia Sempre Xonxa.

    Olladas a Cinegalicia tres décadas despois, no ano do triundo de O que arde 

  10. 14

    29 de novembro. Eleccións xerais

    O 29 de novembro celébranse as eleccións xerais, que marcarán a axenda informativa de todo o mes. Uns comicios "de época", como adoita salientar Enric Juliana, que se presentan como unha axustada competencia entre dous bloques: o progresista formado polas formacións de esquerda e nacionalistas e o de dereita e ultradereita integrado por PP e VOX.