- Datos Cara ao 29N
- Política
Así votamos nas Xerais en Galicia: máis votos para a esquerda, máis escanos para a dereita
As candidaturas de esquerda veñen obtendo máis votos que as dereitas, pero esta vantaxe non se traduciu moitas veces na obtención dun maior número de represnetantes, debido á dispersión do voto progresista e á dificultade para obter escanos en Lugo e Ourense. En 2023, cunha vitoria mínima para as forzas progresistas (+30 mil votos), o PP obtivo 13 dos 23 postos en xogo.
'Abrazar a Pancho', un poema inédito de Ferrín que proxecta nas novas xeracións as loitas do pasado
Iago Castro publica nun artigo en Madrygal un texto que o poeta dedicou en 2001 a un traballador do naval e que foi rescatado anos despois pola súa sobriña nunha redacción na clase de Lingua Galega. O texto, destaca, "leva ao poético a memoria da loita colectiva" e "conecta estas loitas do pasado co presente", neste caso a través da lectura que realizou a rapaza: “eu sempre estarei orgullosa do meu tío; é un claro exemplo a seguir: unha persoa loitadora”.
- Entrevista | Chicharrón
- Cultura
Chicharrón canta ás tempestades que nos tocan vivir "entre o individual e o social"
O trío presenta Temporal, un sétimo álbum que mantén a esencia dos anteriores: intensidade emocional e paisaxes sonoras en forma de cancións de pop escuro. Preséntano este domingo no Teatro Colón da Coruña no ciclo Tándem, o 9 de outubro na Sala Riquela de Santiago e o 25 de outubro no Teatro Jofre de Ferrol. Falamos con Rosalía Fernández Rial.
- Datos Dereito á vivenda
- Economía
50.000 familias galegas dedican ao alugueiro máis do 30% dos seus ingresos
Unha de cada catro familias que viven de alugueiro deben destinar a este pagamento unha porcentaxe dos seus ingresos por riba do máximo recomendable. A porcentaxe medra nos fogares con menor poder adquisitivo.
- Entrevista | Esther Carrodeguas Memoria antifranquista
- Acontece Vigo
A folga xeral de Vigo de 1972 viaxa entre xeracións: "O diálogo da memoria cos adolescentes é primordial"
Esther Carrodeguas (ButacaZero) coordina un proxecto impulsado por España en Liberdade e Teatro del Barrio no que un grupo de 11 mozos e mozas afonda na histórica mobilización sindical a través das artes escénicas e en conversa cos seus protagonistas. O proxecto de investigación escénica estrearase na Sala Ártika en novembro e antes celebrará un "conversatorio interxeracional" e un roteiro polo Vigo obreiro.
- Datos Dereito á vivenda
- Acontece
Quen aluga pisos en Galicia? 'Rendismo popular' pero cada vez maior peso das rendas altas
A información estatística do IGE detalla a existencia de máis de 160.000 propietarios de vivenda que alugan algún dos seus inmobles en Galicia. É un colectivo heteroxéneo, de idade avanzada e de todo tipo de nivel adquisitivo. Porén, nos últimos anos a poboación con ingresos elevados recibe unha parte cada vez maior das rendas inmobiliarias. Os que gañan máis de 60.000 euros ao ano perciben xa o 30% dos alugueiros.
O número de hipotecas en Galicia é o máximo en 15 anos, con xuros por riba do 3%
O pasado ano asináronse case 19 mil hipotecas de vivenda en Galicia, un 21% máis que no ano 2024. O tipo de xuro medio, de novo por riba do 3%, está no seu nivel máis alto dende xaneiro de 2025.
Igalia: 25 anos dende Galicia e en código aberto facendo o software que todos usamos (mesmo sen sabelo)
A empresa coruñesa celebra o seu 25 aniversario con case 200 traballadores e mantendo os seus principios fundacionais: promoción do software libre, estrutura non xerárquica e reivindicación de que se pode facer alta tecnoloxía dende Galicia. Falamos con Alberto García, un dos seus fundadores.
Un ano de zona tensionada na Coruña: alugueiro máis barato, pero menos contratos
Os datos oficiais da Xunta amosan que nos primeiros 12 meses de aplicación da figura, os prezos medios baixaron un 1% na cidade, fronte a aumentos de ata o 9% nas restantes urbes. En cambio, o número de vivendas alugadas descendeu un 24%, fronte a caídas inferiores nas outras seis cidades
- Datos
- Política
Oito meses para as municipais: o poder local da esquerda fronte á ofensiva total da dereita
O domingo 23 de maio celébranse eleccións municipais, uns comicios que -á espera dun posible adianto das Xerais á primavera- poden ser a porta de entrada ao novo ciclo electoral. Repasamos a evolución das alcaldías galegas dende o ano 1979 e a distribución do mapa de poder municipal, cun claro dominio das forzas progresistas nas zonas urbanas.
A memoria do presos e madriñas de San Simón, "antídoto" contra "as mentiras dos herdeiros da ditadura"
A illa acolleu este xoves unha homenaxe ás 5.600 persoas que foron recluídas neste campo de concentración carcerario e tamén ás mulleres que os auxiliaron, un acto organizado conxuntamente polo Goberno de España a través da Secretaría de Estado de Memoria Democrática e o Concello de Redondela. "O seu legado dános forza para seguir defendendo a liberdade, a democracia e os dereitos humanos", dixo o secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez
Unha guía contra os nesgos de xénero na IA: "A clave está en ser conscientes dos riscos"
O Instituto das Mulleres vén de publicar a guía EDUGENIA para concienciar nas aulas dos nesgos que provocan estas ferramentas cada vez máis empregadas no ensino. "O uso non controlado da IA pode carrexar consecuencias nefastas. Por iso, é imprescindible que estudantes e profesores teñan un coñecemento crítico e informado", destaca unha das coordinadoras da publicación.