O prezo da vivenda no litoral medra máis dun 10% anual en moitos concellos
Nigrán aparece como o concello costeiro con prezos máis elevados (2.552 euros por metro cadrado), superando a Sanxenxo, Baiona e á propia cidade da Coruña. As compravendas de vivenda vacacional por parte de estranxeiros sitúanse ao redor do 20% no litoral coruñés e lucense e nunha porcentaxe superior (entre o 20% e o 40%) no pontevedrés, cun forte aumento no último ano.
Un Xefe de Brigada improvisado en Lugo, exemplo dun sistema de loita contra o lume "ineficaz e precario"
O anterior Goberno municipal lucense acordara non constituír a brigada municipal, atendendo aos problemas que o propio modelo presenta. O Executivo de Candia apostou por facelo pero o empeño dos populares chocou coa realidade e a dificultade para atopar un Xefe de Brigada e finalmente decidiu a adscrición temporal para o posto dun xefe de servizo funcionario. Porén, a brigada segue sen constituírse a finais de agosto.
Un grupo de presión proisraelí reabre unha causa por delito de odio contra Suso de Toro
A Audiencia Provincial de Madrid vén de reabrir a investigación por un presunto delito de incitación ao odio antisemita, atendendo o recurso do lobby ACOM contra o sobresemento provisional da causa determinado polo Xulgado de Instrución. O autor, acusado por uns chíos publicados en 2024 nos que tirou "de ironía con pouca fortuna" para denunciar o xenocidio en Gaza, está a recibir numerosos apoios.
O PP defende o concurso non profesional para o cartel do San Froilán e o uso da IA
O concelleiro de Cultura, Javier Vázquez Prado, di que "democratizar tamén é isto: permitir que calquera persoa poida presentar a súa proposta", en resposta ás críticas polo regreso á convocatoria amateur e aos erros xerados pola Intelixencia Artificial na ilustración creada para anunciar o concurso: “a IA é xa unha realidade presente na sociedade e tamén nas ferramentas de comunicación", deféndese.
Xove Nuclear Non: 50 anos da autorización á central que a mobilización social paralizou
En agosto de 1976 publicouse a autorización para a construción en Regodola (Xove) dunha central nuclear que nunca se completou. O rexeitamento da cidadanía, que incluíu dúas masivas marchas dende Viveiro, foi quen de paralizar un proxecto que finalmente foi desbotado en 1984 na moratoria nuclear decidida polo primeiro goberno do PSOE.
A eclipse das nosas vidas: guía e consellos para gozar dun fenómeno irrepetible
Chegou o día. Este serán Galicia converterase nun escenario privilexiado para asistir a unha eclipse solar total, un espectáculo que non se producía no noso territorio dende o ano 1912 e que non se repetirá ata o 2180. As recomendacións: coidar os ollos, evitar desprazamentos innecesarios (sobre todo en coche) e planificar as viaxes (e estar preparados para posibles atascos) se non estamos na zona de totalidade.
- Reportaxe
- Acontece
"A terra para quen a traballa": Cen anos da redención dos foros
O 26 de xuño de 1926 publicouse o Decreto-lei de redención forzosa de foros que supuxo a fin dun sistema de propiedade compartida da terra de orixe medieval mediante o cal moitos labregos (foreiros) pagaban unha renda anual polo arrendamento das leiras que traballaban aos foristas. A supresión deste contrato foi unha das grandes reivindicacións sociais de finais do século XIX e comezos do XX do agrarismo e doutras ideoloxías galeguistas e progresistas. Falamos con Ramón Villares e Lourenzo Fernández Prieto.
As eclipses de 1905 e 1912 en Galicia. Cristais afumados e asombro nas rúas: "Esta vez poido máis o Sol"
As últimas eclipses totais de Sol que se puideron ver en Galicia tiveron lugar hai máis dun século. O fenómeno causou estupor na cidadanía e foi seguido por milleiros de persoas, como destacaron as crónicas xornalísticas da época.
Sánchez lidera as emocións "positivas" e "negativas" e Abascal xera "medo" nun estudo liderado pola USC
Na presentación do Barómetro de Emocións Políticas de España, realizado polo Equipo de Investigacións Políticas (EIP) da USC, Nieves Lagares destacou que “a política do noso tempo é unha política emocionada e non vai volver atrás”
- Mapa interactivo Eclipse
- Ciencia e tecnoloxía
Onde ver a eclipse? Os concellos comezan a delimitar puntos de observación
A eclipse poderá ver en múltiples localización ao longo da área de totalidade, polo que non é necesario desprazarse a uns poucos puntos concretos. Porén, moitos concellos están a habilitar espazos dotados de servizos para a poboación. A Xunta non establece "puntos recomendados", pero a petición de varios concellos emitiu informes de emerxencias ou medioambientais sobre 85 puntos no territorio galego
- Entrevista | Luís Alonso Álvarez
- Acontece
"Os beneficios do tráfico de escravos están na base dalgunhas das fortunas galegas"
Luís Alonso Álvarez, catedrático de Historia Económica da UDC, é unha das persoas que máis investigou o papel xogado por unha serie de empresarios galegos na trata de persoas escravizadas, especialmente entre 1800 e 1860. Unha "memoria incómoda" para Galicia e para cidades como A Coruña, Vigo ou Ferrol. Falamos con el sobre o papel dos portos do país, os beneficios económicos obtidos polas familias negreiras e a necesidade de coñecemento desta realidade e reparación.
Máis que unha illa, Sinsal é unha travesía: a viaxe na que a música ten lugar
A edición 2026 do festival, que comeza este venres vai moito máis aló dos concertos secretos na Illa de San Simón. O evento, a piques de celebrar o seu 25 aniversario, inclúe unha ampla programación por espazos singulares, dende o Museo do Mar ao Mosteiro de Oia, pasando polo Planetario de Vigo. Ademais, percorre unha vez máis a conexión Vigo-Portugal cunha xornada moi especial en Braga. Falamos co seu director, Julio Gómez