Unha guía contra os nesgos de xénero na IA: "A clave está en ser conscientes dos riscos"
O Instituto das Mulleres vén de publicar a guía EDUGENIA para concienciar nas aulas dos nesgos que provocan estas ferramentas cada vez máis empregadas no ensino. "O uso non controlado da IA pode carrexar consecuencias nefastas. Por iso, é imprescindible que estudantes e profesores teñan un coñecemento crítico e informado", destaca unha das coordinadoras da publicación.
- Datos
- Acontece
Aumenta o uso do coche para ir ao traballo en Galicia, pero baixa nas zonas urbanas
Esta semana, do 16 ao 22 de setembro, celébrase a Semana Europea da Mobilidade. Case 7 de cada 10 persoas (o 69,5%) adoitan empregar vehículos privados (coche ou moto) para acudir ao seu posto de traballo. Son case tres puntos máis que no ano 2015, pero o aumento localízase nos concellos de menor tamaño, mentres que en cidades e grandes vilas descende o uso do coche, moito maior entre os homes e en descenso entre os menores de 45 anos.
- Entrevista | Aida Tarrío e Raül Refree
- Cultura
Gala i Ovidio: "Enxálzase a Lorca como unha figura universal, pero Rosalía tamén o é"
A tanxugueira Aida Tarrío e Raül Refree, Gala i Ovidio, presentan dúas novas cancións, que dan continuidade ao seu primeiro álbum, Un final que parece un principio, que presentaron en directo en existosos concertos en Galicia e no resto do Estado. Falamos con eles sobre a continuidade do proxecto, as posibilidades da tradición musical e do papel de Rosalía como referencia.
Piden demoler a represa de Cabanelas: "A Toxa ten alternativas para regar o campo de golf"
Un cento de persoas participaron este domingo en Ribadumia na concentración convocada na praia fluvial de Cabanelas, no río Umia, para protestar contra a represa construída no lugar. As entidades convocantes denuncian que a represa foi construída para abastecer de auga aos usos turísticos da Illa da Toxa.
Homenaxe ao 'médico dos pobres' na casa na que se refuxiou antes de ser asasinado en 1936
Manuel Díaz González foi alcalde do Incio e deputado provincial e foi alcumado así por non cobrar ás persoas necesitadas pola súa atención sanitaria. O 11 de setembro de 1936 foi detido polos falanxistas e executado. Bóveda, O Incio e Lugo acolleron unha serie de actos de homenaxe coincidindo co 90 aniversario do seu asasinato.
A guerra en Irán dispara a inflación ao 4,8%, o máximo en tres anos e medio
Galicia rexistra o segundo nivel de inflación máis alto de todo o Estado, só por detrás de Cantabria (5,1%) e por diante de Castela e León, Madrid e Castela-A Mancha (4,7%) e case un punto por riba de Asturias, Cataluña ou Andalucía. O gran detonante desta nova crise de prezos é o incremento do custo do petróleo, que este martes rolda os 108 dólares por barril, o nivel máis elevado dende maio
En marcha Casa47, o buscador de vivenda pública con cen pisos en Galicia
De momento a base de datos inclúe unicamente 638 vivendas en todo o territorio español, das que 96 de atopan en Galicia, sobre todo en Carral e Ribeira e tamén en Ares, Arteixo, Boiro, Cedeira, Lugo e Malpica. Trátase de vivendas que se ofrecen en alugueiro de longa duración, con prezos por debaixo do custo medio do mercado actual.
'Democrazia': o proceso para recuperar un consello da xuventude amosa os primeiros resultados
Santiago acolle este sábado O Encontro, un evento no que se mesturan espazos de debate, música e obradoiros e que dá visibilidade a un proxecto que nos últimos meses están a poñer en marcha asociacións xuvenís co impulso do Consejo de la Juventud de España (CJE) e o Comisionado para a Celebración dos 50 anos de España en liberdade. Falamos con Adrián Macías e Beatriz Real, dous dos seus participantes, que reclaman espazos para que se escoite a voz da mocidade.
As vendas de vehículos enchufables superan xa as de gasolina e diésel en Galicia
Entre xaneiro e agosto as matriculacións de enchufables foron o 30% do total, mentres que as de vehículos de gasolina foron o 18% e as de diésel o 3%. Tan só as matriculacións de eléctricos puros (3.741) practicamente igualan as de vehículos de gasolina (3.797). No que levamos de ano as vendas de eléctricos puros están a aumentar o 89% en relación ao mesmo período do pasado ano.
Unha pouca menos calefacción, moito máis aire acondicionado: o cambio climático muda as casas galegas
Eurostat mantén unha estatística de necesidades de calefacción e refrixeración nas vivendas de cada unha das rexións da UE. Nos últimos anos en Galicia baixou levemente o número de días nos que se necesita quentar a casa, pero duplicáronse as xornadas nas que cómpre arrefriala. En 2021, só o 6,5% das vivendas principais en Galicia contaba con algún sistema de refrixeración, fronte a unha media do 49,6% no conxunto de España.
Os promotores eólicos pagan aos propietarios a metade que noutros países: 70 millóns menos dende 1997
O pagamento medio aos propietarios dos terreos en Galicia representa aproximadamente o 2% dos ingresos brutos do promotor cando o habitual noutros territorios é o 4%, detalla o Observatorio Eólico nunha análise coa que buscan mellorar a posición negociadora das comunidades rurais. En case 9 de cada 10 casos o promotor paga o propietario "un importe que equivale o 15% do máximo que estaría disposto a pagar antes de que o proxecto deixe de ser rendible", explica a entidade.
A volta ao Mundo en vela, en solitario e sen escalas, do australiano que namorou da Illa de Arousa
Este domingo partiu do Porto do Xufre o Agitator, o veleiro na que o médico australiano Matthew Wright levará a cabo unha volta ao mundo en solitario e sen escalas durante os vindeiros oito meses, unha aventura que ata agora só completaron 180 persoas en todo o planeta. No casco do barco pódese ler “Dende a Illa de Arousa”, no costado de estribor, e “Ata a Illa de Arousa”, no de babor.