'Democrazia': o proceso para recuperar un consello da xuventude amosa os primeiros resultados
Santiago acolle este sábado O Encontro, un evento no que se mesturan espazos de debate, música e obradoiros e que dá visibilidade a un proxecto que nos últimos meses están a poñer en marcha asociacións xuvenís co impulso do Consejo de la Juventud de España (CJE) e o Comisionado para a Celebración dos 50 anos de España en liberdade. Falamos con Adrián Macías e Beatriz Real, dous dos seus participantes, que reclaman espazos para que se escoite a voz da mocidade.
As vendas de vehículos enchufables superan xa as de gasolina e diésel en Galicia
Entre xaneiro e agosto as matriculacións de enchufables foron o 30% do total, mentres que as de vehículos de gasolina foron o 18% e as de diésel o 3%. Tan só as matriculacións de eléctricos puros (3.741) practicamente igualan as de vehículos de gasolina (3.797). No que levamos de ano as vendas de eléctricos puros están a aumentar o 89% en relación ao mesmo período do pasado ano.
Unha pouca menos calefacción, moito máis aire acondicionado: o cambio climático muda as casas galegas
Eurostat mantén unha estatística de necesidades de calefacción e refrixeración nas vivendas de cada unha das rexións da UE. Nos últimos anos en Galicia baixou levemente o número de días nos que se necesita quentar a casa, pero duplicáronse as xornadas nas que cómpre arrefriala. En 2021, só o 6,5% das vivendas principais en Galicia contaba con algún sistema de refrixeración, fronte a unha media do 49,6% no conxunto de España.
Os promotores eólicos pagan aos propietarios a metade que noutros países: 70 millóns menos dende 1997
O pagamento medio aos propietarios dos terreos en Galicia representa aproximadamente o 2% dos ingresos brutos do promotor cando o habitual noutros territorios é o 4%, detalla o Observatorio Eólico nunha análise coa que buscan mellorar a posición negociadora das comunidades rurais. En case 9 de cada 10 casos o promotor paga o propietario "un importe que equivale o 15% do máximo que estaría disposto a pagar antes de que o proxecto deixe de ser rendible", explica a entidade.
A volta ao Mundo en vela, en solitario e sen escalas, do australiano que namorou da Illa de Arousa
Este domingo partiu do Porto do Xufre o Agitator, o veleiro na que o médico australiano Matthew Wright levará a cabo unha volta ao mundo en solitario e sen escalas durante os vindeiros oito meses, unha aventura que ata agora só completaron 180 persoas en todo o planeta. No casco do barco pódese ler “Dende a Illa de Arousa”, no costado de estribor, e “Ata a Illa de Arousa”, no de babor.
As 'Vacacións en Paz' despídense ata o ano que vén: "O do Sáhara non é solidariedade, é un problema político"
Unha festa en Ponteareas con actuacións infantís e musicais despide este sábado os 305 nenos e nenas saharauís que pasaron o verán en Galicia grazas ao programa de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS). Falamos coa súa presidenta, Maite Isla, que chama á participación de máis familias e lembrea a importancia de "esixir dereitos, denunciar o esquecemento e defender a liberdade dun pobo que merece xustiza".
Un 'antitributo' ao Marqués de Amboage pola relación da súa familia co tráfico de escravos
Este domingo 30 de agosto ás 12 horas o Colectivo Decolonial de Ferrol organiza un Antitributo ao Marqués de Amboaxe co obxectivo de lembrar as vítimas da escravitude e o colonialismo. Investigacións realizadas nos últimos anos polo historiador económico Luís Alonso Álvarez e outros autores documentaron a relación da familia Plá co tráfico de persoas escravizadas, unha actividade que estaría na base do seu capital acumulado.
O prezo da vivenda no litoral medra máis dun 10% anual en moitos concellos
Nigrán aparece como o concello costeiro con prezos máis elevados (2.552 euros por metro cadrado), superando a Sanxenxo, Baiona e á propia cidade da Coruña. As compravendas de vivenda vacacional por parte de estranxeiros sitúanse ao redor do 20% no litoral coruñés e lucense e nunha porcentaxe superior (entre o 20% e o 40%) no pontevedrés, cun forte aumento no último ano.
Un Xefe de Brigada improvisado en Lugo, exemplo dun sistema de loita contra o lume "ineficaz e precario"
O anterior Goberno municipal lucense acordara non constituír a brigada municipal, atendendo aos problemas que o propio modelo presenta. O Executivo de Candia apostou por facelo pero o empeño dos populares chocou coa realidade e a dificultade para atopar un Xefe de Brigada e finalmente decidiu a adscrición temporal para o posto dun xefe de servizo funcionario. Porén, a brigada segue sen constituírse a finais de agosto.
Un grupo de presión proisraelí reabre unha causa por delito de odio contra Suso de Toro
A Audiencia Provincial de Madrid vén de reabrir a investigación por un presunto delito de incitación ao odio antisemita, atendendo o recurso do lobby ACOM contra o sobresemento provisional da causa determinado polo Xulgado de Instrución. O autor, acusado por uns chíos publicados en 2024 nos que tirou "de ironía con pouca fortuna" para denunciar o xenocidio en Gaza, está a recibir numerosos apoios.
O PP defende o concurso non profesional para o cartel do San Froilán e o uso da IA
O concelleiro de Cultura, Javier Vázquez Prado, di que "democratizar tamén é isto: permitir que calquera persoa poida presentar a súa proposta", en resposta ás críticas polo regreso á convocatoria amateur e aos erros xerados pola Intelixencia Artificial na ilustración creada para anunciar o concurso: “a IA é xa unha realidade presente na sociedade e tamén nas ferramentas de comunicación", deféndese.
Xove Nuclear Non: 50 anos da autorización á central que a mobilización social paralizou
En agosto de 1976 publicouse a autorización para a construción en Regodola (Xove) dunha central nuclear que nunca se completou. O rexeitamento da cidadanía, que incluíu dúas masivas marchas dende Viveiro, foi quen de paralizar un proxecto que finalmente foi desbotado en 1984 na moratoria nuclear decidida polo primeiro goberno do PSOE.