Máis gasto en vivenda e ocio, menos en todo o demais: así usamos os cartos o pasado ano
En 2025 o gasto en vivenda (e subministros) pasou de representar o 28,1% do gasto total das familias galegas a ser o 31,5%. O resto dos grupos de gasto descenderon, con poucas excepcións, nas que destaca o ocio, deportes e cultura. O pasado ano descendeu por primeira vez dende o 2020 o gasto medio dos fogares galegos (-1,7%). En cambio, no conxunto do Estado o gasto continuou a medrar (+3,1%)
Galicia é a comunidade con máis persoas a coidar maiores dependentes, cunha gran fenda de xénero
O 36% dos galegos e galegas entre 18 e 74 anos se fixo cargo do coidado dalgún familiar -menor ou dependente- o pasado ano, unha porcentaxe semellante á do resto do Estado, pero cun maior peso dos coidados a maiores. A fenda por sexo mantense, con máis mulleres a coidar que tamén lle dedican a este labor máis horas á semana.
- Entrevista | María Xosé Porteiro As Letras de Begoña Caamaño
- Cultura
"O Vigo de Begoña Caamaño era unha cidade nova, socioloxicamente falando, que se estaba construíndo"
En Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía. De Vigo a Santiago (Galaxia), de María Xosé Porteiro achéganos unha das múltiples dimensións da homenaxeada nas Letras Galegas: a xornalista, sobre todo a que na década dos 80 se iniciou na profesión nun Vigo convulso e mobilizado. Falamos con ela sobre unha obra que percorre o traballo de Begoña Caamaño na radio e no xornalismo escrito e tamén o seu activismo profesional.
Protestas en Carral e Vigo pola implantación de FP Básica en centros de ESO sen "diálogo" e "recursos"
A comunidade educativa do IES República Oriental de Uruguai de Teis (Vigo) e o IES de Carral atópase mobilizada ante o plan da Consellaría de Educación de implantar nos dous centros senllos ciclos de FP Básica para o vindeiro curso. Subliñan que non están en contra de que o ensino da FP se realice no centro, pero critican que o proceso se realizara sen a debida información e que, ademais, a implantación se vaia producir sen contar cos necesarios recursos ou instalacións.
O 78% da poboación de Ourense non ten acceso a zonas verdes, fronte ao exemplo positivo de Santiago
Un informe de Amigas da Terra destaca Ourense como unha das cidades cunha maior proporción dos seus habitantes sen espazos verdes nos seus barrios. O documento Recomenda actuacións nos barrios do Vinteún, A Carballeira, O Couto e San Francisco. En cambio, de Santiago destácase a abundancia de áreas naturalizadas.
- Datos Dereito á vivenda
- Economía
O esforzo para alugar na Coruña, Vigo, Pontevedra e Santiago, por riba do recomendado
O prezo dos novos alugueiros nas catro urbes supera o 30% do salario bruto, o límite máximo aconsellado nas regras financeiras para manter unha economía persoal "saudable". No conxunto de Galicia o valor sitúase algo por debaixo (28,4%) pero tamén con tendencia a medrar.
- Datos
- Acontece
A 'cidade dos 15 minutos', unha utopía para o rural galego
A maior parte da poboación galega dispón dos servizos básicos a menos de 15 minutos a pé, coa única excepción das estacións de tren. Porén, a realidade é moi distinta nos concellos de menos de 10.000 habitantes, onde as porcentaxes caen bruscamente e, en ocasións, nin sequera o vehículo privado (e moito menos o transporte público) permite igualar estes tempos.
- Entrevista | Javier Gil Dereito á vivenda
- Acontece
"Como solucionar a crise de vivenda? Reducindo o beneficio inmobiliario e redistribuíndo propiedades"
Javier Gil vén de publicar Generación inquilina. Un nuevo paradigma de vivienda para acabar con la desigualdad (Capitán Swing), unha obra na que este investigador do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) analiza as causas da crise de vivenda que impide o acceso a un inmoble asequible a toda unha xeración. O vindeiro mércores 17 ofrecerá unha conferencia na sede coruñesa do COAG.
- Entrevista | Fernando Fernández Rego
- Cultura
"Hai que poñer en valor a cultura popular: Andrés do Barro, Ana Kiro, Pucho Boedo... É a que máis chega á xente"
Fernando Fernández Rego publica Andrés do Barro. A xénese do pop en galego (Galaxia), unha obra na que percorre a carreira musical do cantautor ferrolán que acadou catro números un en todo o Estado cantando en galego, un fito nunca repetido e para o que reclama un maior recoñecemento: "Andrés foi o primeiro que fixo pop en galego e foi o primeiro fenómeno fan da cultura galega e en galego"
- Datos
- Cultura
Menos lectores habituais, pero que len máis libros, con só un 8% de compras en galego
Aumenta a poboación lectora, pero diminúen os e as lectoras habituais. Así, a poboación que le todas as semanas descendeu entre o 2022 e o 2025 do 38,2% ao 32,2%; a que leu algún libro no último mes cae do 49,3% ao 43,8%. E o mesmo pasa coa que leu algún libro no trimestre anterior: do 55,5% ao 53,7%
O cambio climático trae a Galicia as 'noites tropicais' asociadas a mal durmir e problemas de saúde
Este venres e sábado -especialmente na noite do venres ao sábado- varias zonas de Galicia rexistrarán o que se coñece como noites tropicais, é dicir, os termómetros superarán os 20 graos en todo momento. As noites tropicais adoitaban ser algo moi excepcional en Galicia, limitado a algún día puntual no medio do verán, principalmente nas zonas litorais do centro e do sur. Porén, nos últimos anos cada vez máis días se rexistran valores mínimos que superan os vinte graos.
O TSXG abre expediente a un avogado polo uso da IA nun recurso que citaba 24 sentenzas inventadas
A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de abrir unha peza separada para investigar por posible "mala fe procesual” a un letrado que presentou un recurso con reiteradas “incoherencias ou invencións”, presuntamente elaborado con IA.