Sofía e Mateo foron os dous nomes máis escollidos en 2024, nunha lista na que tamén aparecen Vega, Noa, Martina, Olivia e Lara ou Martín, Leo, Hugo, Lucas e Enzo
Os nomes escollidos para os bebés galegos están a cambiar, hai tempo que levan facéndoo. Abonda con pasar por un parque ou por unha escola infantil. Máis variedade que hai unhas décadas, nomes máis curtos e, ademais, atendendo moitas veces a escollas que se poñen de moda, e que van mudando como mudan os tempos.
Sofía e Mateo foron os dous nomes máis escollidos en Galicia para as nenas e nenos que naceron no ano 2024. A lista que este venres publica o Instituto Galego de Estatística aparece encabezada tamén por nomes como Vega, Noa, Martina, Olivia, Lara, Lucía, Mía, Vera, Valeria, no caso das nenas. E por Martín, Leo, Hugo, Lucas, Enzo, Gael, Manuel, Luca, Roi no dos nenos.
No resto da lista aparecen formas pouco habituais ata hai pouco, como Lola, Lía, Gala, Zoe, Chloe, Naia, Mara ou Mencía, no caso das nenas; ou Liam, Izan, Thiago, Noah ou Dylan, no caso dos nenos
Algúns dos nomes levan xa uns cantos anos nesas primeiras posicións. Hai tempo que os Mateos, Martíns, Enzos, Noas, Valerias ou Sofías son habituais nos parques infantís e gardarías. Outros, semellan que aumentan a súa popularidade no último ano; de feito, no ano 2023 Sofía non esta o nome de nena máis frecuente, senón Noa. Tampouco Lucía ou Roi aparecían nesas dez primeiras posicións.
No resto da lista atopamos algúns nomes máis tradicionais que resisten as novas incorporacións, como Carmen, Alicia, María, Ana, Nicolás, Pablo, Daniel, Álvaro, Diego ou Miguel. Pero tamén formas pouco habituais ata hai pouco, como Lola (e non Dolores), Lía, Gala, Zoe, Chloe, Naia, Mara ou Mencía, no caso das nenas; ou Liam, Izan, Thiago, Noah ou Dylan, no caso dos nenos.
Gañan en popularidade, ademais, algúns nomes que só existen en Galicia ou que cunha forma diferencial con respecto ao castelán, como Roi, Antón, Xoel, Brais, Martiño, Anxo, André, Nuno, Xián ou Artai nos nenos; e Lúa, Sabela, Xiana, Erea, Uxía ou Icía nas nenas
Gañan en popularidade, ademais, algúns nomes que só existen en Galicia ou que cunha forma diferencial con respecto ao castelán (sen que isto signifique que María ou Manuel non son igual de galegos). É o caso de Roi, Antón, Xoel, Brais, Martiño, Anxo, André, Nuno, Xián ou Artai nos nenos; e de Lúa, Sabela, Xiana, Erea, Uxía ou Icía nas nenas.
Pero, en xeral, como de singulares son os nomes elixidos en Galicia para nenos e nenas que acaban de nacer? Segundo as cifras do INE correspondentes ao ano 2023, os nomes máis frecuentes en Galicia non se diferencian moito dos máis escollidos no conxunto do Estado (Hugo, Mateo e Martín para os nenos; Lucía, Sofía e Martina para as nenas), que dominan na maior parte das comunidades autónomas.
As excepcións son Cataluña (Jan e Biel son o nomes máis usados nos nenos, pero Martina nas nenas), Euskadi (Ohian e Malen son os nomes máis frecuentes en nenos e nenas, aínda que Martín é o segundo máis usado), Navarra (Aimar) e Baleares (Marc).
Os nomes máis frecuentes en Galicia non se diferencian moito dos máis escollidos no conxunto do Estado
Na lista do IGE aparecen un total de cen nomes (cincuenta por sexo) que, en todo caso, son só unha parte dos patronímicos escollidos por nais e pais. De feito, os 50 nomes máis populares en nenas e nenas abranguen unicamente ao redor da metade dos máis de 13 mil nacementos que tiveron lugar en Galicia o pasado ano. Na outra metade os nomes escollidos foron menos comúns ou aínda máis singulares.
Isto non sucede en Cataluña (Jan e Biel son o nomes máis usados nos nenos), Euskadi (Ohian e Malen son os nomes máis frecuentes en nenos e nenas), Navarra (Aimar) e Baleares (Marc)
Hai uns meses o INE publicou unha estatística detallada que permitía comprobar a evolución dos nomes máis usados en Galicia, uns datos que amosaban como s nomes máis habituais na Galicia das décadas dos 50, 60 ou 70 do pasado século (Mari Carmen, Manuel, José Manuel...) deron paso nos 80 a unha xeración inzada de David, Pablo, Diego, María, Javier, Daniel, Patricia ou Cristina. Os 90 foron os anos de Adrián, Laura, Alejandro, Andrea, Sara, Alba ou Lucía.
Co cambio de século e milenio, Lucía, Pablo, Paula e Alejandro pasaron a ser os nomes máis frecuentes na xeración que agora ten entre 15 e 25 anos. E nos anos 10 apareceron xa nos primeiros postos os Mateo, Martín, Hugo e Noa que seguen dominando a onomástica na actual década.