Cheché Martín, Bebel García e outras historias de represión franquista no Deportivo
Falamos de memoria, a serie da Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade, dedica este episodio á relación entre o fútbol coruñés e a represión franquista. As voces de Arturo Lezcano, Rubem Centeno, Marta Otero e Selva García fálannos de figuras como a do fillo do secretario do Concello da Coruña asasinado polos golpistas, quen regresou para unha proba co Dépor e acabou triunfando no Barça, ou a persecución sufrida polos 'Irmáns da lejía'
